'irmá paxaro' na Festa da Poesía da Estrada

As alumnas Alba Muimenta e Manuela Rey participaron o pasado 1 de decembro na Festa da Poesía da Estrada recitando textos do poemario irmá paxaro, de Tamara Andrés, autora que mantivo un encontro arredor desta obra co alumnado de 4º ESO.  

lembra
irmanciña
aquela aldea que nunca visitamos 
o kiosquo
a contraventás abertas
a ofrecernos
as súas lambetadas
fluorescentes
delicadas 
recendentes
cándidas
nós 
que paseabamos pola alameda
co vestido curto
coas pernas tan finiñas que doía
o aire
sobre a epiderme
e o papel dos xornais
a emanar
novas
doutro tempo
tamaño
doutra cor
doutrora
cando chegues ao termo da traxectoria 
descubre
que o teu corpo é
indobregable,
que o traxecto serve para
recoñecer a ferida
fitala
e bicar a carne ausente
na contorsión
descubrirás
que somos fillas
da luz
 
que te estraño
 
que che berro todo isto
para arrincar
do ventres
este coitelo
da nostalxia