Alumnas do IES participan no Parladoiro das Letras, no Teatro Principal

Este venres ás 20.30h, no Teatro Principal, tivo lugar unha nova edición do Parladoiro das Letras coa presenza da escritora Ledicia Costas. O acto contou coa colaboración de alumnos e alumnas dos distintos centros educativos do municipio, entre eles o noso, o IES Nº1.

Uxía Seoane e Jéssica Afonso participaron na entrevista á autora, cunha interesante pregunta sobre o libro Infamia, que foi  o libro máis lido nos clubs de lectura de Galicia na ESO durante o curso 2019-2020.

Ledicia Costas é unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega. Nos últimos años recibiu importantes recoñecementos, como o Premio Merlín de literatura infantil, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ou o Premio Lazarillo, entre outros.

Se queres desfrutar da magnífica obra desta escritora, pasa pola Biblioteca: alí atoparás todos os seus títulos!

 

 

2.jpg
1.jpg