A mostra “Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento”, que estivo exposta na Casa das Letras da Estrada, continúa o seu periplo polos centros escolares do municipio, e desta volta chegou ao noso IES, ao Nº1. E así, todo o alumnado e profesorado do Nº1 poderá contemplar os paneis sobre o autor estradense, situados no corredor da última planta. O comisario da exposición, o profesor Carlos Loureiro, será o encargado de presentárllela proximamente aos nosos alumnos e alumnas, e logo emprenderá viaxe cara aos demais centros educativos da localidade.