SEMANA DO LIBRO NA ESPERELA
Xa sabedes que o próximo luns 23 de abril é o Día do Libro, no que se recorda o pasamento de Miguel de Cervantes e W. Shakespeare. Con este motivo, A Esperela está a desenvolver moitas actividades no instituto:
No recibidor do primeiro andar podedes disfrutar dun RECANTO DE HAIKUS, elaborado polo alumnado de 3* e 4* de ESO:
Monte oscuro
los árboles son personas.
Cantan soplando.
Andrés Neira
O día 23, no primeiro recreo na biblioteca, o grupo de 3*PDC vainos agasallar cunha REPRESENTACIÓN baseada na obra A expedición dos libros, de Vicente Muñoz Puelles.
PALABRAS NO AIRE é o intento de encher o instituto de palabras sobre a lectura, os libros, poesías, reflexións... en distintas linguas. Busca e comparte as que máis che gusten.
Participa enviando aaesperela@gmail.com textos breves sobre a lectura, os libros, comezos de libros, partes favoritas, versos que namoran...
Rematada a representación da biblioteca, inauguraremos a exposición bibliográficaDE ONTE A HOXE, un paseo polos fondos da nosa biblioteca: dende os primeiros libros ata o e-book, libros máxicos, especiais, sorprendentes, libros dedicados polos seus autores... Ven e coñece os tesouros da Esperela!
MONUMENTO AO LIBRO: durante a semana ergueremos coas nosas mans un monumento ao libro. Deixa a túa pegada colaborando co Departamento de Educación Plástica e Visual.
LIBROS ESQUECIDOS: Se atopas un libro que poña "Expurgo" e queres quedar con el, faino. Se non o queres ler, déixao no sitio, pode apetecerlle a alguén... (en calquera caso, non o estragues, é un libro que busca propietario)
Estade atentos, todos os membros da comunidade educativa recibiredes unAGASALLO para celebrar o Día do Libro.
Participa nas actividades e disfruta cos libros!
»