DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
SEMANA DA PAZ
30 XANEIRO- 3 FEBREIRO
No IES O Mosteirón, coincidindo co 64 aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celebraremos a semana da paz do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro.
As actividades que temos preparadas son as seguintes:
As actividades que temos preparadas son as seguintes:
- O luns día 30, no recreo das 12:10, proxectaremos na biblioteca o documental "A ilha das flores", un acedo e divertido retrato da mecánica da sociedade de consumo.
- E ti que dis? No recibidor do instituto faremos unha exposición de frases célebres sobre a paz. Le sobre a paz e escribe ti tamén a túa frase.
- En todos os períodos da nosa "Hora de ler" da vindeira semana, farase aLectura de textos relacionados coa paz.
- Realizarase nos recreos un obradoiro de decoración de paraugas, paraugas pola paz, que expoñeremos despois no recibidor do Instituto.
- Na Esperela tedes unha selección de libros e películas sobre a paz. Non deixedes de velas. Pagan a pena.
»