PALABRAS EN XOGO
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE ESO NA ACTIVIDADE "PALABRAS EN XOGO" O luns 13 de decembro o alumnado de 1º de ESO participou na primeira fase da actividade "Palabras en xogo", organizada polo Concello de Sada. No noso centro todo o alumnado de 1ºA, B e C, agrupouse en parellas para gozar da actividade. O formato do concurso é similar ao dun coñecido programa de televisión: en parellas os participantes teñen que averiguar unha palabra polas pistas que lle dá un dos compoñentes desta. O día 17 na Casa da Cultura de Sada os alumnos de 1º de ESO do IES O MOsteirón acudiron á segunda fase do concurso "Palabras en xogo". Pablo Blas Piñeiro e Iván López Rodríguez resultaron agraciados co 1º premio grazas ás súas habilidades no concurso. Parabéns a tod@s por participar! |
||
|
||
Alumnas de 1º de ESO A ensaiando |
||
|
||
Parabéns a Pablo e Iván de 1º de ESO por gañar o día 17 o concurso "Palabras en xogo" |
||
|
||
Dous alumnos de 1º ESO C participando en "Palabras en xogo" |