A AULA NO RÍO
O día 6 de maio ,o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade consitente na visita á AULA DA NATUREZA DE CHELO. A saída foi organizada de xeito interdisciplinar polos departamentos de Ciencias Naturais e Lingua Galega. |
En Galicia contamos cunha grande cantidade e variedade de rios e regatos que baixan desde as nosas montañas creando unha extensa rede fluvial, que baña a nosa xeografía. Na Aula do Río de Chelo amósase a riqueza e diversidade biolóxica dos nosos ríos, así como os usos e aproveitamentos que deles se realizaron ao longo da historia, co fin de sensibilizar os visitantes sobre a importancia da súa conservación. |
»