CANTOS DOCUMENTOS E POR CANTO TEMPO PODO SOLICITAR?
Cada membro da comunidade escolar poderá solicitar un máximo de tres materiais dos fondos da biblioteca, por un período de quince días, pasado o cal, deberá devolvelos ou solicitar a súa renovación; poderá renovalos por outros quince días sempre que non estean reservados por outra persoa.
Para iso, cada vez que leves un libro, CD, DVD... deberás encher un rexistro co teu nome, o título da obra e a data en que a levas emprestada e facer o mesmo cando a devolvas.
»