Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado
Alumnado destinatario:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Solicitudes (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar):
- Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
- Prazo:
1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.
2. Para o alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é dicir, (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula.
3. As solicitudes de máscaras para o alumnado indicado no apartado anterior que se incorporen ao centro despois do 31 de marzo de 2022 (prazo límite de solicitude de libros e material), poderán tramitarse ata a finalización do curso escolar.