REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 20/21

ÁBRESE O PRAZO DE ADMSIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO.

Premando aquí podedes consultar a a Resolución da Consellería de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 5 de maio de 2020, que regula, entre outros, os novos prazos de preinscrición e matrícula nos centros educativos.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes deadmisión de alumnado en centros docentes sostidos confondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou oestado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Novos prazos do proceso:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo.

 Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

  

O IES ESTARÁ ABERTO DE 10 A 13:00PARA PRESENTAR DOCUMENTACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN. NON SE PODE ACCEDER PARA OUTRO TRAMITE.

Aconséllase traer mascarilla, luvas e bolígrafo propio, así como gardar sempre a distancia de seguridade.

 

Podedes descargar o documento no adxunto que se achega.

AdxuntoTamaño
Reapertura do proceso de admisión curso 2019-20.pdf60.3 KB