Eventos
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/2025.
Nos ficheiros relacionados a continuación poden consultar os libros de texto que se empregarán en cada materia no vindeiro curso.
Importante!!! Non mercar axenda escolar xa que o alumnado recibirá unha ao comezo do curso.
A día de hoxe (mércores 10 de xullo) publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado provisional de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Lémbrase que as persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación deste listado provisional (neste caso o xoves día 11 e o venres día 12 de xullo).
Publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado definitivo de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado definitivo de persoas excluídas.
As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital.
Tanto os Libros como os Vales para material serán entregados en setembro e avisarase para a súa recollida.