Eventos
Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024 (incluído)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente (de 9:30 a 14:00 h) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento.
Así celebramos a semana das Letras Galegas no IES O Mosteirón: unha exposición sobre Luisa Villalta, actividades co alumnado e moitas cousas máis grazas ao traballo promovido desde o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca A Esperela.
Aquí pode consultar o menú do mes de xuño de 2024
O xogador do Deportivo da Coruña, Lucas Pérez, vista o noso centro e lembra tempos do seu paso polo mesmo coma alumno da ESO. Parabéns polo ascenso do equipo a 2ª División e moitas grazas pola visita. Esperamos que volvas o próximo curso a celebrar o ascenso a 1ª División.
Sorteo dun magnífico premio consistente nun teléfono móbil, un altofalante portátil inalámbrico e unha cea para dúas persoas. Participa e gaña, comprando un número por tan só 2€.
Aquí podes acceder a toda a información do sorteo.
Aberto o prazo para solicitar Becas para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.
As persoas interesadas deben presentar a solicitude na secretraría do centro. Máis información no seguinte enlace: BECAS NEAE
A semana do 3 ao 7 de xuño celebrouse no noso centro a "Semana da Saúde". Todo o alumnado da materia de Proxecto Competencial, xunto coa súa profesora, María Cotelo, organizaron diferentes actividades: xogos nos recreos, podscasts, charlas sobre alimentación e drogas, froita gratis para fomentar hábitos saudables na alimentación, experimentos onde se amosaban os efectos do tabaco nos pulmóns, xogos de saúde mental e... moito máis...
Resultou xenial!!! Moitas grazas pola organización.
19/06 mércores |
1º e 2º da ESO de 17:00h a 19:00h |
20/06 xoves | 3º e 4º da ESO de 10:30h a 12:30h |
Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada.
Lémbrase que un beneficiario que non devolva os libros do curso 23/24 non poderá optar ao Fondo Libros do curso 24/25.
No concurso de deseño da portada da axenda escolar para o curso 2024-2025 temos dúas ganadoras:
1º Premio: Gia Isabella Tovar del Papa -1º ESO B
2º Premio: Claudia García Suero - 4º ESO B
Noraboa as premiadas.