Eventos
21/06 |
1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h |
22/06 | 3º e 4º da ESO de 16:30h a 18:30h |
Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou persoa maior de idade autorizada.
PREMIER DA PELÍCULA DE 4º DE ESO
O venres 17 de xuño, o alumnado de 4º da ESO presentamos a nosa película "Da madeira ao mar", no salón teatro de Santiago xunto a outros 3 centros de Galicia. Catro documentais realizados dentro do Plan Proxecta deste curso. A nosa película fala de Pepe, o carpinteiro de ribeira de Lorbé e da actividade no peirao.
Foi unha mañán moi especial, na que puidemos ver o noso documental en pantalla grande acompañados polas profesoras e coordinadores deste proxecto, por cineastas entre os que se atopaba Otto -que nos acompañou ao longo deste curso-, e os rapaces dos outros centros.
Esta presentación en Santiago é o colofón de moito traballo e moito tempo adicado non só a crear a nosa película - documentación, guión, rodaxe, montaxe - senón tamén a aprender a abrir a mirada e observar o que nos rodea con máis curiosidade e con máis calma a través dos visionados de recoñecidos cineastas. Tamén fixémonos conscentes do valor patrimonial que temos tan cerca de casa e que descoñecíamos.
Pronto compartiremos a nosa película con todos vós.
PUBLICADAS AS INSTRUCCIÓNS DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
Para facer uso do comedor escolar durante o vindeiro curso 22-23, deberase entregar o ANEXO II debidamente cumprimentado na secretaría do IES O Mosteirón antes do 24 de xullo de 2022.
Solicitude de colaboración no comedor escolar: Entregar na secretaría do IES O Mosteirón xunto coa acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais. PRAZO ata o 7 de setembro de 2022.
Informamos que voltamos aos horarios de transporte escolar anteriores á pandemia pola COVID-19.
As chegadas ao instituto mantéñense da mesma forma ás 8:20h, mais as saídas agora son ás 14:45h tralo turno de comedor escolar.
Lembrade que os luns ao haber clases no turno de tarde, a saída do transporte escolar realizarase ás 17h de forma conxunta.
Mantéñense as 3 liñas de transporte sen variacións nas paradas.
Feliz verán 2022.
Equipo Directivo.