Eventos
Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!
INFORMACIÓN SOBRE MATERIAS OPTATIVAS PARA O ALUMNADO QUE CURSARÁ 3º e 4º DE ESO O VINDEIRO CURSO ESCOLAR
Pódese obter máis información no Departamento de Orientación do Centro
A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel
co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares.
Grazas, María!!
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO NOSO CENTRO CUN CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL, COA PARTICIPACIÓN MOI ACTIVA DE TODO O ALUMADO
Orden de 3 de mayo de 2019 por la que se regula la participación en el fondo solidario de libros de texto y se convocan ayudas para adquirir libros de texto y material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria y educación especial en centros docentes sostenidos con fondos públicos, para el curso escolar 2019/20 (código de procedImiento ED330B).
Iniciase o prazo de solicitudes o día 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2019.
Podedes consultar a orde no documento que axegase a esta noticia.
CONTINUAMOS A CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS
HOXE COA ACTUACIÓN DO GRUPO "MANICÓMICOS" COA OBRA "SEGUIMOS EN GALEGO"
XORNADA DE FORMACIÓN PARA NAIS E PAIS SOBRE DISCIPLINA POSITIVA
IMPARTIDA POR ANDREA BECHLIAN SEFERIAN
CELEBRARASE NO NOSO CENTRO O DÍA 29 DE MAIO AS 17:00 Horas
AGARDÁMOSVOS A TOD@S