Eventos
Hoxe , o alumnado de 2º de ESO visitou Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Alí coñeceu os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... A visita rematou cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira.
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS. HOXE ÁS 12.10 NA BIBLIOTECA. RELATO: "Historia completamente absurda" AUTOR: GIOVANNI PAPINI |
O luns, día 1 de abril, dous exalumnos moi queridos, Clara Garbay e Javier Rodríguez, visitarán A Esperela . Terán un encontro co alumnado de cuarto de ESO para contar en que consisten os seus estudos e a súa experiencia laboral. Máis información no BLOG A ESPERELA |
EXCURSIÓN A AMSTERDAM DO ALUMNADO DE 4º DE ESO, CELEBRADA ENTRE OS DÍAS 4 E 8 DE ABRIL
O día 7 de abril, celebramos o Día Mundial da Saúde.
O IES O Mosteirón celebra esta data cos Recreos Saudables
Infórmase da publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso escolar 2019/20
Pódese consultar o taboleiro de anuncios do centro para coñecer a listaxe de admitidos.
Hoxe, o alumnado de 3º ESO desfrutou dunha sesión de contos de medo e misterio da man de Raquel Queizás no Fórum Metropolitano.