Eventos
Hoxe os grupos de terceiro e de cuarto de ESO participaron en cadanseu obradoiro de poesía.
Yolanda Castaño. partindo dun poema propio , explicou que na poesía non hai unha única lectura
porque os lectores lles dámos unha nova vida aos textos con cada unha das nosas interpretacións.
Tamén comezamos unha composición poética colectiva.
Grazas Yolanda, foi moi interesante.
Hoxe os grupos de 3º e 4º de ESO participaron en cadanseu obradoiro de poesía impartido por Yolanda Castaño. Partindo dun poema propio , Yolanda explicou que na poesía non hai unha única interpretación, os lectores dámoslles unha nova vida aos textos con cada unha das nosas interpretacións. Tamén comezamos unha composición poética colectiva.
Grazas Yolanda, foi moi interesante.
Hoxe , o alumnado de 2º de ESO visitou Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Alí coñeceu os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... A visita rematou cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira.
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS. HOXE ÁS 12.10 NA BIBLIOTECA. RELATO: "Historia completamente absurda" AUTOR: GIOVANNI PAPINI |
O luns, día 1 de abril, dous exalumnos moi queridos, Clara Garbay e Javier Rodríguez, visitarán A Esperela . Terán un encontro co alumnado de cuarto de ESO para contar en que consisten os seus estudos e a súa experiencia laboral. Máis información no BLOG A ESPERELA |
EXCURSIÓN A AMSTERDAM DO ALUMNADO DE 4º DE ESO, CELEBRADA ENTRE OS DÍAS 4 E 8 DE ABRIL
O día 7 de abril, celebramos o Día Mundial da Saúde.
O IES O Mosteirón celebra esta data cos Recreos Saudables
Infórmase da publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso escolar 2019/20
Pódese consultar o taboleiro de anuncios do centro para coñecer a listaxe de admitidos.