Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Febreiro 15, 2019
Start: 15/02/2019 12:10

        Hoxe  os Atrapasoños lemos “Cordelias”, un conto de Adela Fernández  incluído no seu libro  Duermevelas.   

 

BLOG ATRAPASOÑOS

 

 

 

Luns Febreiro 18, 2019
Start: 18/02/2019 16:10

Hoxe viñeron á Esperela Serafín e Sabela, dous talentosos ex alumnos do noso insti que falaron co alumnado de 4º ESO da súa traxectoria persoal e profesional e compartiron as súas lembranzas e arelas.

Martes Febreiro 19, 2019
Start: 19/02/2019 00:46

Samoa Pan, de 2º ESO B levou hoxe o premio do concurso de micorrelatos "Amor? Amor! en 100 palabras", que organiza A Esperela, cun relato titulado "Aviones de papel"

Xoves Febreiro 21, 2019
Start: 21/02/2019 13:58

 Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de ESO dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2019.

O alumnado e familias interesandas na participación nesta convocatoria de axudas pode informarse no seguinte enderezo web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Venres Febreiro 22, 2019
Start: 22/02/2019 20:46
Hoxe celebramos na biblioteca a nosa homenaxe a Rosalía de Castro. Os Atrapasoños leron unha selección de poemas da escritora nun acto protagonizado polo alumnado de 3º de ESO. 

 

Do XIX ao XXI Libre o meu pensamento! era o lema proposto  este ano para conmemorar esta data. A rapazada berrou  esta consigna  en varias ocasións despois da lectura de textos significativos sobre a emigración, a marxinación da muller ,  a defensa da lingua , etc.

 

Andrea e Laura acompañaron algunha das composicións coas súas pandeiretas, escoitamos versións musicadas das súas poesías e ao final , coa axuda da interpretación ao piano de Juan Vilas, cantamos todos " Adiós ríos, adiós fontes".

 

Cada participante levou como agasallo un minilibro cos poemas de Rosalía e unha flor.

 

Mércores Febreiro 27, 2019
Start: 27/02/2019 13:47

FESTA DE ENTROIDO NO NOSO CENTRO

O venres 1 de marzo celebramos a tradicional festa de entroido no noso centro, onde terán lugar espectaculares actuacións a cargo do alumnado e tamén do profesorado.  

Ademais, vai haber diferentes concursos, de comparsas e de sobremesas de entroido e moitas máis sorpresas.

Convidamos a toda a comunidade educativa á nosa festa e a participar activamente nela.

Non vola perdades

Xoves Febreiro 28, 2019
Start: 28/02/2019 15:08

Apertura do proceso de admisión do 1 ao 20 de marzo para alumnado de nova incorporación ao centro.

Adxúntase documentación para ampliar a información.

Venres Marzo 01, 2019
Start: 01/03/2019 14:22

O venres 1 de marzo celebrouse no noso centro a tradicional festa de Entroido.

Concursos de sobremesas de entroido, disfraces, comparsas e, sobre todo, moita festa

Grazas a todos e todas por participar tan activamente.

 

Venres Marzo 15, 2019
Start: 15/03/2019 12:00

    Hoxe os grupos  de terceiro e de cuarto de ESO participaron en cadanseu obradoiro de poesía.

Yolanda Castaño. partindo dun poema propio , explicou que na poesía non hai unha única lectura

porque  os lectores lles dámos unha nova vida aos textos con cada unha das nosas interpretacións.

Tamén comezamos unha composición poética colectiva.

 

Grazas Yolanda, foi moi interesante.

 

Start: 15/03/2019 12:30

 

Hoxe os grupos de 3º e 4º de ESO participaron en cadanseu obradoiro de poesía impartido por  Yolanda Castaño. Partindo dun poema propio , Yolanda explicou que na poesía non hai unha única interpretación, os lectores dámoslles unha nova vida aos textos con cada unha das nosas interpretacións. Tamén comezamos unha composición poética colectiva.

 

Grazas Yolanda, foi moi interesante.

 

Distribuir contido