Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Febreiro 11, 2019
Start: 11/02/2019 11:11

O pasado venres 8 de febreiro o alumnado de 4º de ESO visitou o IES Isaac Díaz Pardo de Sada para ver as instalacións do que, na maioría dos casos, será o seu novo centro educativo o vindeiro curso.

Martes Febreiro 12, 2019
Start: 12/02/2019 22:24

 

 

                      Hoxe visitou o noso centro Andrea Maceiras, autora do libro O que sei do silencio , lido polo alumnado de 3º e 4º de ESO este trimestre. Andrea falounos do proceso da escrita e conversamos con ela sobre o acoso escolar , que é o tema central do libro . Ao final asinou exemplares dos seus libros a todos o que llo pediron.

Venres Febreiro 15, 2019
Start: 15/02/2019 12:10

        Hoxe  os Atrapasoños lemos “Cordelias”, un conto de Adela Fernández  incluído no seu libro  Duermevelas.   

 

BLOG ATRAPASOÑOS

 

 

 

Luns Febreiro 18, 2019
Start: 18/02/2019 16:10

Hoxe viñeron á Esperela Serafín e Sabela, dous talentosos ex alumnos do noso insti que falaron co alumnado de 4º ESO da súa traxectoria persoal e profesional e compartiron as súas lembranzas e arelas.

Martes Febreiro 19, 2019
Start: 19/02/2019 00:46

Samoa Pan, de 2º ESO B levou hoxe o premio do concurso de micorrelatos "Amor? Amor! en 100 palabras", que organiza A Esperela, cun relato titulado "Aviones de papel"

Xoves Febreiro 21, 2019
Start: 21/02/2019 13:58

 Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de ESO dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2019.

O alumnado e familias interesandas na participación nesta convocatoria de axudas pode informarse no seguinte enderezo web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Venres Febreiro 22, 2019
Start: 22/02/2019 20:46
Hoxe celebramos na biblioteca a nosa homenaxe a Rosalía de Castro. Os Atrapasoños leron unha selección de poemas da escritora nun acto protagonizado polo alumnado de 3º de ESO. 

 

Do XIX ao XXI Libre o meu pensamento! era o lema proposto  este ano para conmemorar esta data. A rapazada berrou  esta consigna  en varias ocasións despois da lectura de textos significativos sobre a emigración, a marxinación da muller ,  a defensa da lingua , etc.

 

Andrea e Laura acompañaron algunha das composicións coas súas pandeiretas, escoitamos versións musicadas das súas poesías e ao final , coa axuda da interpretación ao piano de Juan Vilas, cantamos todos " Adiós ríos, adiós fontes".

 

Cada participante levou como agasallo un minilibro cos poemas de Rosalía e unha flor.

 

Mércores Febreiro 27, 2019
Start: 27/02/2019 13:47

FESTA DE ENTROIDO NO NOSO CENTRO

O venres 1 de marzo celebramos a tradicional festa de entroido no noso centro, onde terán lugar espectaculares actuacións a cargo do alumnado e tamén do profesorado.  

Ademais, vai haber diferentes concursos, de comparsas e de sobremesas de entroido e moitas máis sorpresas.

Convidamos a toda a comunidade educativa á nosa festa e a participar activamente nela.

Non vola perdades

Xoves Febreiro 28, 2019
Start: 28/02/2019 15:08

Apertura do proceso de admisión do 1 ao 20 de marzo para alumnado de nova incorporación ao centro.

Adxúntase documentación para ampliar a información.

Venres Marzo 01, 2019
Start: 01/03/2019 14:22

O venres 1 de marzo celebrouse no noso centro a tradicional festa de Entroido.

Concursos de sobremesas de entroido, disfraces, comparsas e, sobre todo, moita festa

Grazas a todos e todas por participar tan activamente.

 

Distribuir contido