Eventos
Hoxe , no recreo das 12.10 h, reunímonos os Atrapasoños de 1º e 2º de ESO, para ler textos contra da violencia de xénero.
Non faltedes. VER BLOG ATRAPASOÑOS.
Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro "Masculino Singular". Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión. O alumnado de 3º preparou unha performance para expresar a nosa repulsa contra o maltrato.
Publicación dos novos membros do Consello Escolar que se renova parcialmente neste curso escolar cos seguintes integrantes electos:
- Polo sector de Nais e Pais: - Victoria Eugenia Ramos Merino
- Polo sector de Persoal Non Docente: Mª Ángeles Leiro Vázquez
- Polo sector de Alumnado: Jimena González Rodríguez e Nuria Agra Arias
Onte á mañá, o alumnado de 3º da ESO achegouse á Fundación Barrié nunha saída organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual para coñecer a obra da fotógrafa mexicana Graciela Iturbide. Fixemos un percorrido guiado pola súa obra, que se move entre o documental e o poético, e parámonos especialmente a mirar os retratos dos pobos indíxenas de México nos que a muller ten un papel moi destacado.
Despois de facer a visita guiada continuamos cun taller no que traballamos o simbolismo tendo como inspiración algúns dos retratos de Graciela.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas desta marabillosa fotógrafa e da súa forma de observar a realidade a través da súa cámara. Mentres esperamos os resultados dos retratos feitos no taller deixámosvos unha mostra dos momentos vividos.
Hoxe no recreo temos xuntanza do club de lectura co alumnado de 3º e 4º de ESO. A obra da que se falará hoxe será Masculino singular, de Carlos Negro.
Máis información no blog ATRAPASOÑOS
PUBLICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 2019/20
PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS 2019/20
CONCRECIÓN DA PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA
PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA
O Concello de Sada posibilitou a representación no noso instituto da obra " Vaya Tela!" dentro da campaña " Consumo con sentido, concellos coruñeses co Comercio Xusto". Logo da representación houbo un pequeno espazo de reflexión sobre a necesidade do consumo responsable no que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO.
PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
No documento achegado podedes consultar o convenio de colaboración que firmaron Concello e Instituto, polo cual o primeiro subvenciona, ao segundo, parte do coste das saídas didacticas que realiza.
Hoxe o alumnado do centro asistiu á actividade de contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Estas contadoras profesionais versionaron algúns relatos da tradición oral nos que apareceron bruxas,cabaleiros, paxariños metidos en problemas, damas encantadas e ata o mesmísimo rei Artur. A actividade,organizada polos departamentos de Inglés, Galego e Biblioteca , desenvolveuse en dúas sesións ( a primeira para o alumnado de 3º e 4º de ESO e a segunda para o alumnado de 1º e 2º ). Foi moi amena e interesante.
Hoxe entregáronse na biblioteca A Esperela os premios polo bo uso e aproveitamento da axenda escolar do noso instituto.Foron uns recoñecementos emocionantes e divertidos.No segundo trimestre haberá máis!!!!
A xuntanza do club de lectura de hoxe xirará arredor da obra de Fran Alonso titulada Cartas de amor. Centrarase no relato titulado "Lonxe", que amosa o desarraigo sufrido polas persoas que teñen que deixar o seu lugar de vida para emigrar a outro país. Máis información no blog |