Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 22, 2018
Start: 22/10/2018 08:30


O pasado día 22 de outubro o alumado de 4º de ESO do noso IES realizou unha saída didáctica ao Cabo Ortegal para coñecer a formación xeolóxica dese espazo natural da costa norte galega así como tamén a contorna xeográfica dese espazo. Organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.

 

Venres Outubro 26, 2018
Start: 26/10/2018 12:10

 

Hoxe comezamos  de novo a actividade dos Atrapasoños, o noso club de lectura. Foi unha grande satisfacción  ter tanta asistencia neste novo encontro na biblioteca escolar.  Na primeira sesión do curso o relato escollido foi o titulado "Once" de Sandra Cisneros, unha escritora, novelista e poeta estadounidense de ascendencia mexicana, moi coñecida polas súas obras  A casa de Mango Street e Caramelo.

 

Martes Novembro 06, 2018
Start: 06/11/2018 10:30

RENOVACIÓN PARCIAL do CONSELLO ESCOLAR.

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DO CENSO.

  • COMPROBA os teus datos, para facelo tendes para consulta no taboleiro da entrada o censo de pais e alumnos.
  • Podedes consultalo ata o día 15 de novembro as 14:00 h.
  • No caso de que sexa necesario corrixir algún dos vosos datos, tendes un impreso na secretaria do centro para facelo.

 

PRESENTACIÓN DE CANDIDATOS.

  • PRESENTA A TÚA CANDIDATURA: Se estás interesado en participar como membro electo do consello, podes presentar a túa candidatura dende o día 7 ata o día 14 deste mes.
  • Para presentar a túa candidatura, recolle un impreso na secretaría do centro, e unha vez cumprimentado entrégao tamén na secretaría.
Start: 06/11/2018 11:25

LISTAXE PROVISIONAL AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2018-2019. CONCELLO DE SADA.

Podes consultar a listaxe provisióna de axuadas a escolarización na entrada do centro.

Luns Novembro 19, 2018
Start: 19/11/2018 16:10

Hoxe recibimos na biblioteca A Esperela  ao polifacético Xurxo Souto que nos fixo un percorrido pola música galega das últimas décadas. Coma sempre  , encheu a súa intervención de anécdotas e saberes das nosas xentes, que como el di "nunca nos contan". Encheu de enerxía os nosos corazóns ao recordarnos tantas cousas valiosas que nos rodean e que ás veces nin sequera vemos. Grazas, Xurxo.

Distribuir contido