Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Outubro 18, 2018
Start: 18/10/2018 11:00



Hoxe, o alumnado de cuarto de ESO asistiu á representación de Eroski Paraíso , una obra da compañía Chévere que amosa por medio da ficción moitas das transformacións sufridas na nosa sociedade nas últimas décadas . O espectáculo convida á reflexión sobre temas como a emigración e o desarraigo. A obra  , na XXI edición dos premios María Casares , recibiu os galardóns nas categorías de mellor espectáculo, mellor dirección para Xesús Ron, mellor actriz protagonista para Patricia de Lorenzo e mellor música para o grupo muradán Terbutalina.Desfrutámola moito, agora toca a reflexión na aula sobre os diferentes temas que nela se tratan. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega.

Venres Outubro 19, 2018
Start: 19/10/2018 13:00

O Departamento de Lingua Galega e a nosa biblioteca, A Esperela, levamos o alumnado a un obradoiro de dobraxe organizado pola   Biblioteca da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A rapazada saíu encantada!!

 

 

Luns Outubro 22, 2018
Start: 22/10/2018 08:30


O pasado día 22 de outubro o alumado de 4º de ESO do noso IES realizou unha saída didáctica ao Cabo Ortegal para coñecer a formación xeolóxica dese espazo natural da costa norte galega así como tamén a contorna xeográfica dese espazo. Organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia.

 

Venres Outubro 26, 2018
Start: 26/10/2018 12:10

 

Hoxe comezamos  de novo a actividade dos Atrapasoños, o noso club de lectura. Foi unha grande satisfacción  ter tanta asistencia neste novo encontro na biblioteca escolar.  Na primeira sesión do curso o relato escollido foi o titulado "Once" de Sandra Cisneros, unha escritora, novelista e poeta estadounidense de ascendencia mexicana, moi coñecida polas súas obras  A casa de Mango Street e Caramelo.

 

Distribuir contido