Punto Laranxa contra o acoso escolar

OFERTA FP CURSO 2023/2024

SORTEO DO PATINETE

Hoxe por fin se realizou o sorteo do patinete entre as persoas que durante este curso se desprazaron ao centro empregando un VMP. Marco González, de 1.° da ESO D, resultou gañador do sorteo , e José Fernández, coordinador do proxecto, fixo entrega do premio.. Parabéns, Marco..desfrútao!! Parabéns, Marco..desfrútao!!
Poñemos así fin ao Plan Proxecta de Mobilidade Sotible para este curso.

MAKE IT OPEN

 

Varios Departamentos do IES Ramón Menéndez Pidal, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses @mc2coruna , traballaron todo este curso no proyecto Make It Open, unha iniciativa financiada por la Comisión Europea que busca introducir a filosofía 'maker' nas aulas.
Traballouse o tópico "O son" transversalmente en distintas materias.
O proxecto presentouse na STEM Discovery Campaign 23, convocada por Scientix, e recibiu o premio na categoría "Influencers", que recolleu o 17 de xuño a profesora Elena Bascuas no Future Classroom Lab en Bruxelas, representando aos Museos Científicos Coruñeses e como froito da estreita colaboración entre ambos.
Agradecementos especiais aos alumnos de 2° de Bacharelato Ernesto Otero Martínez e Víctor García Gómez, que dedicaron xenerosamente as súas poucas horas libres para axudar a confeccionar un taller de Física do Son.
Infinitas grazas ao alumnado de 2° da ESO, que participaron activamente en dito taller e difundieron as ideas aprendidas nos colexios CEIP Curros Enríquez, CEIP Víctor López Seoane e o Día da Ciencia na Rúa.
E grazas a todo o profesorado e alumnado que, ademais do xa mencionado, participaron dun modo ou doutro no proxecto.
Sen todos vós non tería sido posible recibir un premio tan importante como o concedido por Scientix.
 

 

ROTEIRO DA MULLER

 

Estamos rematando o curso e este venres 16 de xuño celebrámolo cunha nova saída do roteiro.
Seguimos realizando saídas do EDLG relacionadas co Roteiro da muller na cidade da Coruña, nesta ocasión co Departamento de Relixión, dirixido ao alumnado de 1° da ESO que cursa a materia de relixión e ao alumnado do EDLG deste nivel. Algún alumnado de 2° da ESO do EDLG, que xa o realizara e traballara este curso, é guía deste roteiro.
O "Caderno do roteiro da muller" un compañeiro neste caso, onde anotamos cuestións que non queremos esquecer e recordos que queremos lembrar deste percorrido de fin de curso, e non só iso, asemade actividades e un xeito de diario.
Primeiro merendamos con Isabel Zendal, tomamos a merenda do recreo diante da escultura e informámonos de quen foi e que fixo, aproveitamos a abrir o noso "Caderno do Roteiro". Despois fomos parando nos diversos puntos e acompañounos o panel co plano do roteiro, que inauguramos con esta saída, e que alumnado e profesorado levaron durante este recorrido pola zona do centro, nel o alumnado foi colocando pegatinas cos nomes de mulleres no lugar correspondente.

FESTIVAL DE MÚSICA

Achégase a fin de curso...e o alumnado de Proxecto Competencial de Música agasállanos co 'Festival de Música Fin de Curso 2022/2023'
▪️LUNS 19:
primeiro pase 10.30h a 11.20h: actúan 1.º ESO A, B, C e D e con 3.º C Proxecto Musical. Público asistente: 1.ºs ESO de Proxecto Musical.
segundo pase 11.20h a 12.10h: actúan 2.º ESO E, 4.º ESO e con 3.º AB de Proxecto Musical. Público asistente: 2.º ESO C, E e os que actúan.
▪️MARTES 20:
De 9.20h a 10.10h actúan 1.º ESO A,B,C, D, 4.º ESO e con 3.º D de Proxecto Musical. Público asistente: 3.º ESO A, B, C, D.

50ª PROMOCIÓN BACHARELATO

Celebramos a graduación da 50ª promoción do IES Ramón Menéndez Pidal. A Fundación Barrié foi o escenario escollido para o acto que contou cun padriño de excepción, Henrique Rabuñal.
Queremos transmitir os nosos parabéns ao alumnado, as súas familias, e ao profesorado. A mellor das sortes na vosa nova etapa!
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer