PROGRAMA 3. SEMANA 11F: entrevista a Beatriz Pérez, Doutora en Informática.
Na semana dedicada ao 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Iria Campos, Pablo Neira e Beltrán Louzao de 1.º de Bacharelato entrevistaron a Beatriz Pérez, Doutora en Informática e Representante de Igualdade na UDC. Beatriz é especialista en Bioinformática para Ciencias da Saúde e investigadora no CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación), quen nos aporta a súa visión nesta semana tan importante para a visibilidade da muller na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.
SEMANA 11F: Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula.
As investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz, axudantes de investigación en I+D en Estrella Galicia, desenvolveron a charla "Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula". A ponencia tivo lugar na nova sala de Polos Creativos que o centro está a poñer ao día nesta segunda avaliación. Asistiron á mesma todos os alumnos que cursan a liña de Ciencias de 1.º e 2.º BAC. Previamente os alumnos Xoel Rego de 1.ºBAC A e Pedro Janikashvili de 2.º BAC A fixéronlles unha entrevista na radio que se centrou máis nos seus estudos na facultade e en orientación universitaria, pois pertencen á primeira promoción de Biotecnoloxía da Facultade de Santiago.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer