Outra das actuacións é este aparcadoiro VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal). Aquelas persoas que veñan ao centro en patinete eléctrico poden aparcalo ao fondo do corredor de Vicedirección-Secretaría. Ademais, existen enchufes para quen precise cargar o seu patinete.
Unha das primeiras actuacións dentro do proxecto de "Mobilidade Sostible" foi acondicionar o pavillón para que quen queira poida vir ao centro en bicicleta e deixala ben "aparcada" . Se tes interese usar este aparcadoiro, fáinolo saber e explicarémosche como acceder.
O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencia e Tecnoloxía, preséntanos a través deste vídeo a actividade realizada conxuntamente por 2º e 3º de ESO. Dita actividade consiste en realizar frases relacionadas coa COVID-19 utilizando os símbolos dos elementos químicos para: expresar as súas emocións tras un ano de pandemia, fomentar a prevención da transmisión con suxestións, animarnos con frases optimistas, etc. Os traballos realizados amosaranse a través dunha exposición no centro.
LIGAZÓN AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer