Punto Laranxa contra o acoso escolar

MAKE IT OPEN...

O Departamento de Física e Química está a participar na STEM Discovery Campaign 2023 promovida por Make It Open co seu traballo: Sound For All Audiences. Pronto teredes máis información...

XORNADA DE CONVIVENCIA - 50 ANIVERSARIO

Dentro das actividades do 50 aniversario, o Departamento de Educación Física organizou unha xornada de convivencia para o profesorado, consistente nun roteiro e nunha viaxe en barco pola contorna da ría de Mugardos.

 

 

IMOS EN BICI!

 

 

O alumnado de 1.° da ESO pon en práctica o aprendido nas súas clases de Educación Física e adestra para a súa particular 'Volta á Coruña".

ENSAIO ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

 

Onte 26 de abril o noso alumnado de 3.° da ESO tivo a oportunidade de asistir a un dos ensaios da Orquestra Sinfónica de Galicia @osggalicia
Actividade organizada polo Departamento de Música.

Adxudicación provisonal de prazas curso 2022-23

Adxudicación provisonal de prazas curso 2022-23

 

A listaxe provisional de prazas adxudicadas para o curso 2022-23 atopase publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

O Equipo Directivo 

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE HENRIQUE RABUÑAL

 

Nesta semana voltamos ás aulas e o alumnado de 2.° de Bacharelato fíxoo do mellor feito posible, asistindo á presentación do libro "Murguía, un século despois" do escritor e profesor do centro Henrique Rabuñal.
Durante a presentación, as alumnas Sofía Tamayo e Martina Deus realizáronlle unha entrevista que verá a luz a través do noso podcast 'O Son das Aulas'. Queremos agradecer a organización desta actividade ao coordinador do equipo de biblioteca, Tono Frade, ao alumnado de 2.° de BAC e ao propio Henrique. Parabéns!
Proximamente publicaremos o podcast da entrevista.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer