Prazos de presentación das candidaturas:
-Sector profesorado (3 postos para renovar): presentación de candidatura até o martes 12 de novembro ás 14.00 horas.
-Sector alumnado (4 postos para renovar): presentación de candidaturas até o xoves 14 de novembro ás 14.00 horas. Os formularios están dispoñíbeis en Dirección. Pode presentarse alumnado matriculado no centro en calquera curso de ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos.
-Sector familias (2 postos para renovar): presentación de candidaturas até o xoves 14 de novembro ás 14.00 horas. Os formularios están dispoñíbeis na conserxaría do centro.
-Sector persoal de administración e servizos (1 posto para renovar): presentación de candidaturas até o xoves 14 de novembro ás 14.00 horas. Os formularios están dispoñíbeis en Dirección.
As persoas que entren a formar parte do Consello escolar nesta renovación formarán parte del até decembro de 2028.
Datas importantes:
-Venres 15 de novembro ás 11.00 procederase ao sorteo das mesas electorais.
-Martes 19 de novembro, xornada electoral.
-Venres 22 de novembro: reunión da Xunta electoral e proclamación de candidatos/as electos/as.
Desde o IES Ramón Menéndez Pidal organizamos unha campaña solidaria de apoio ás persoas afectadas pola DINA de Valencia.
O alumnado de ciclos formativos do noso centro participará nas tarefas de empaquetado das doazóns e na organización do envío. O transporte será realizado pola empresa colaboradora CTT Express con destino á Cruz Vermella de Valencia.
Colaboran: IES Adormideras e IES Francisco Aguiar
Grazas á comunidade pola colaboración.
O Samaín chega á biblioteca do centro co CONCURSO DE CABAZAS. Trae a túa cabaza ao centro, canto máis decorada e orixinal, mellor!!! Entrega e exposición na biblioteca do centro. O día 30 de novembro coñeceremos o/a gañador/a. Haberá premio!!
#IESRamónMenéndezPidal#Samaín#ZalaBiblio
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer