Punto Laranxa contra o acoso escolar

GRADUACIÓN 2.º BACHARELATO

Día de celebración para o alumnado de 2.° de Bacharelato, cun acto de graduación no Paraninfo da UDC que serviu para poñer o broche de ouro a seis cursos de experiencias compartidas. Parabéns e moitos éxitos na nova etapa que agora comeza!!!

 

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

 

Dentro das actividades previstas no Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, o alumnado de 1.º da ESO desfrutou dun taller de habilidades impartido pola Xefatura provincial de tráfico da Coruña. Fixeron varios circuítos con bicicletas e aprenderon moitas cousas para moverse en bici de forma segura.

ESCAPE ROOM DGT

 

O pasado mércores día 22 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato e de 1º de ciclo medio de Actividades Comerciais desfrutou dun Escape Room coa DGT e a Xefatura provincial de tráfico da Coruña. Pasaron unha sesión moi divertida aprendendo moitas cousas, nunha actividade que se enmarca dentro do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura.

XORNADA DE CONVIVENCIA DE PROFESORADO

Os e as profes do centro tamén tiveron a súa excursión particular nunha xornada de convivencia na que realizaron un roteiro desde a Praia da Fragata ata a Praia de Doniños. Posteriormente, visitaron Monteventoso e o cabo Prioriño. Magnífica xornada!

DÍA DA POLICÍA LOCAL

 

O 24 de maio fomos convidados pola Policía Local da Coruña a participar nas conmemoracións do Día da Policía Local. Na praza de María Pita o alumnado puido coñecer máis de preto o seu día a día e os seus instrumentos de traballo. Grazas polo convite!

ERASMUS PAÍSES BAIXOS

 

Hai uns días recibimos a visita de tres profesoras procedentes de Países Baixos, en concreto do centro @tiobusinessschool
Durante a súa visita tiveron a oportunidade de coñecer o centro e intercambiar experiencias tanto co alumnado coma co profesorado. Moitas grazas pola vosa visita!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer