Punto Laranxa contra o acoso escolar

PREVISEL

Hai unhas semanas alumnado dos ciclos formativos de Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional visitou en ExpoOurense a feira Previsel, o 17° Salón da Prevención e a Seguridade Laboral.
Nesta feira, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer as últimas novidades en técnicas de prevención de riscos laborais que alí se espuxeron e participar nas diversas actividades programadas e impartidas en colaboración co ISSGA, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias de Galicia e Cruz Vermella, entre outros.
Mentres unha parte do alumnado participaba no obradoiro de primeiros auxilios aprendendo e practicando a limpeza e sutura de feridas, outros grupos recibiron adestramento na reanimación cardiopulmonar e o uso de extintores.
Asemade, o alumnado puido coñecer distintas novidades expostas tales coma o uso de drons para a vixilancia de incendios, as actividades da Axencia Galega de Emerxencias ou o uso das gafas de realidade virtual para a promoción de hábitos de vida saudables.
Por outra banda, o profesorado que acompañaba tovo, ademais, a oportunidade de coñecer de primeira man novidosas técnicas de reparación dos danos causados na pel por axentes químicos.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN CULLEREDO

O noso centro estivo hoxe representando á familia profesional de Comercio e Márketing na Xornada de Orientación que se desenvolveu nos institutos @regodetrabe e @iesebaculleredo de Culleredo. Moitas grazas polo convite a esta xornada, agardamos que fora de proveito para o alumnado.

SpainSkills!!

Desde a delegación galega das #SpainSkills Madrid recibimos esta imaxe dos nosos e das nosas representantes na competición para as diferentes categorías de FP. Representando ao IES Ramón Menéndez Pidal, na categoría de Escaparatismo, están Antía Fernández e a súa profesora Sol Seoane. Desexámosvos a mellor das sortes!!

INTERCAMBIO HAMBURGO

Chégannos boas novas desde Hamburgo. Envíannos esta foto desde o aeroporto de Madrid o pasado sábado. Aínda faltaban unas horiñas para chegar a Hamburgo.
Ao longo da semana desfrutarán dunha chea de actividades e de excursións, ademais de participar na vida do centro alemán, o "Gymnasium Meiendorf" :
percorridos e visitas pola cidade, viaxe a Lübeck...
Moi boa semana!

Festival de maxia no instituto

VISITA GADISA

Continúan as visitas por diferentes empresas do tecido empresarial galego. Nesta ocasión, o alumnado do ciclo superior de Comercio Internacional visitou as instalacións do centro loxístico de Gadisa en Paradela.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer