Punto Laranxa contra o acoso escolar

XORNADA DE CONVIVENCIA DE PROFESORADO

 

Profesorado do centro deste curso e de cursos anteriores participou este sábado nunha xornada de sendeirismo e kaiak, percorrendo zonas entre Pontedeume e Redes. Grazas a Montse e aos compañeiros do Dep. de EF, Fran e Manuel, por organizarnos esta marabillosa xornada de tempo compartido, máis aló das aulas!

ERASMUS DAYS

 

Entre o 14 e o 18 de outubro celebramos os #ErasmusDays . O alumnado de ciclos formativos interesado en participar nos programas #Erasmus+ neste curso asistiu ás xornadas informativas organizadas desde Programas Europeos polas profesoras responsables, Helena Maseda e Helena Castro.

SOMOS CORES: HORARIO DE REUNIÓNS

ZALACANCELO 2024/2025

 

Por sexto curso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o concurso do #Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os TRES cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2024/2025.
▪️No 2019/2020 ensinamos ao mundo que somos #PeixesDeMoitoCoidado e lanzamos o #ÚneteÁOnda porque non hai quen nos pare!
▪️No 2020/2021 fixemos do #ConDistanciaPeroXuntos o noso lema, amosando que sempre, sempre #ZalaetaCaraAdiante.
▪️No 2021/2022 pisamos forte, #ZalaetándonoNOS e dicindo a todo o mundo que #ZalaetaSomosNós.
▪️No 2022/2023 celebramos o noso 50 aniversario. Foi este o curso do noso #ZaLaniversario e a nosa #ZalaFesta.
▪️No 2023/2024 centrámonos nos coidados: para iso #SentímonosBen e centrámonos en #GoZALAvida
Para este curso a temática é a DIVERSIDADE.
BASES:
1. Estableceranse tres categorías: unha para a 1° e 2° da ESO, outra para 3° e 4° da ESO e a terceira para Bacharelato e Ciclos Formativos.
2. Os tres cancelos gañadores utilizaranse para acompañar as publicacións en rrss durante o curso 2024/25.
3. O cancelo debe estar relacionado dalgún xeito coa DIVERSIDADE: pode conter a palabra ou algunha parte da mesma, facendo referencia ao sentido amplo do termo así como á importancia da inclusión e a pluralidade de identidades.
4. Valorarase a orixinalidade, a corrección ortográfica e a representatividade para a comunidade.
5. O cancelo ten que estar en galego.
6. O prazo para entregar as propostas é o luns 4 de novembro ata as 19h.
7. Por cada categoría o EDLG elixirá seis cancelos finalistas (2 de cada categoría) que serán publicados no Instagram de Zalaeta o día 6 de novembro.
8. O cancelo gañador para cada categoría será elixido por votación a través de Instagram Stories o venres 8 de novembro, ata as 23.59h.
9. O premio para cada categoría será de 30 euros na libraría Illas Sisargas.
10. Se o xurado o estima conveniente poden acordarse accésits.
PARTICIPA!!!!

XORNADA COAS FAMILIAS: 1 DE OUTUBRO

Prégase a asistencia dunha única persoa por familia, sen alumnado.

Equipo directivo

AVISO IMPORTANTE

O Fondo Libros para 1.º da ESO entregarase o venres día 6 de 11 a 12.30h e non o mércores día 4. Desculpen as molestias.

 

Equipo Directivo

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer