Punto Laranxa contra o acoso escolar

PRAZAS LIBERADAS FP DUAL

Formación para os cursos 2023-2025

Estadía formativa compartida entre centro educativo e empresa

Retribución durante o tempo de estadía formativa na empresa

  • COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS (CM): 15 Prazas
  • XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS (CS): 15 Prazas
  • TRANSPORTE E LOXÍSTICA (CS): 1 Praza

Máis información: 981 20 30 00 - ies.menendez.pidal@edu.xunta.gal

PODCAST CLUB DE LECTURA - MAFALDA

 

Nestas primeiras horas do verán 2023, O Son das Aulas tráenos un novo podcast para amenizar o tempo libre. Lucila Poncela de 1º ESO C, Lois Faraldo de 1º ESO A e Yasmin Vaz de 1º ESO A non só leron e comentaron moitas tiras de Mafalda coa súa profesora Gloria, senón que tamén se achegaron até a radio para compartir as súas experiencias con todos a través da OSDA. Queden así esas ideas expresadas aparentemente de xeito infantil polo noso personal máis novo para que as valoremos durante todas as nosas existencias.
O podcast, xa dispoñible nas nosas plataformas habituais:
 
 

FIN DE CURSO - CLUB DE LECTURA

 

O alumnado de 4.° da ESO celebrou hoxe a súa particular graduación. Un acto conxunto coas súas titoras no que lembrar as experiencias compartidas durante estes catro anos e desexar o mellor aos seus compañeiros e compañeiras nos novos camiños que están a piques de comezar. Boa sorte!

Bolsas comedor

Bolsas comedor  

Hoxe 22 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:

- Taboleiro de edictos   https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18006

- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/bolsas-comedor-publicacion-de-lista-de-requirimentos-de-correccion/suceso/1453839900042?argIdioma=gl 

A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Atentamente,

Bolsa Comedor

ENTREGA DE NOTAS

 

VIAXE A HAMBURGO

Hai uns días compartimos a viaxe a Hamburgo de alumnado de 1.º Bacharelato.

Hoxe son Andrea Vázquez e Leire Guevara as que nos transmiten as súas impresións desa viaxe.


 

A viaxe a Hamburgo foi unha gran experiencia. Polas mañás faciamos actividades organizadas polas profesoras, que nos mostraron os principais monumentos da cidade e nos contaron a súa historia. Tamén visitamos a preciosa cidade de Lübeck, onde os nosos compañeiros alemáns encargáronse de presentarnos e explicarnos algún monumento importante. Ademais de visitar lugares emblemáticos, durante a viaxe fixemos diversas actividades, como a tirolina de “Kletterwald”, na que nos tivemos que superar a nós mesmos e pasamos un gran día. As tardes pasabámolas desfrutando das actividades que nos organizaban os compañeiros alemáns: visitamos o mar Báltico, desfrutamos de tardes de piscina, ceando xuntos e xogando a xogos típicos. Algún día tamén percorrimos outros lugares do centro de Hamburgo. Tivemos moitos momentos divertidos e moi bonitos. Tanto as familias coma os compañeiros acolléronnos moi amablemente nas súas casas e alí coñecemos os seus estilos de vida, as comidas e algúns costumes diferentes aos nosos. Compartimos música, cultura e momentos inolvidables. Definitivamente repetiríamos a experiencia, e esperamos poder reunirnos de novo algunha vez no futuro.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer