O noso Centro acudíu ó festival FOCO de cine educativo en Fuente Obejuna (Córdoba) a pasada fin de semana.
Dúas alumnas de primeiro de Bacharelato, Yamila Vigo Landeira e Sonia Vázquez Tomé acompañados polo profesorado coordinador, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, acudiron ó Festival de curtametraxes Foco 24 de Fuente Objejuna en Córdoba coa curta “Precursoras en la lucha por la igualdad”, traballo destinado a promover a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia.
Esta curta, que foi seleccionada para o festival na categoría de campaña entre máis de 100 curtas candidatas, fai uso da intelixencia artificial para promover a igualdade.
As protoganistas da peza “entrevistan” dende Radio Baio, a Clara Campoamor e Emilia Pardo Bazán, para que coñecer como era a loita pola igualdade na época destas dúas persoeiras, loitadoras polos dereitos da muller nos seus distintos contextos históricos.
Finalmente, “Precursoras en la lucha por la igualdad” non poido acadar o premio pero, queremos subliñar a increíble experiencia que Yamila e Sonia recibiron no festival, participando con alumnado de distintas partes de España en actividades organizadas dende o xoves 17 ó 20 de outubro.
As alumnas conviviron cunha familia local que as acolleron nas súas casas durante estos días e viviron unha experiencia única de participar nun festival de cine educativo como FOCO.
Dende o IES Maximino Romero de Lema queremos agradecer o trato recibido por parte da organización do festival e, en especial a Carmen e Manuel, acolledores de Yamila e Sonia esos días, pola súa calidade humana e amabilidade.
O premio xa foi, sen dúbida, que Yamila e Sonia acudiran a este evento educativo do audiovisual que reuníu a moitos centros de España.
O venres, 18 de outubro do 2024, asistimos na Delegación de Defensa en Galicia, sita na Coruña, á entrega de premios do XI concurso "Carta a unha militar española". O evento, nesta edición, rememoraba os 35 anos da incorporación da muller as FFAA.
A nosa alumna Milena Pazos Rial recibiu un agasallo e diploma, entregado polo Coronel Antonio Bernal Martín, delegado do Ministerio de Defensa, como recoñecemento pola sua "Carta a unha militar". Esta misiva elexiuse por un tribunal de entre todas as entregadas no IES, dacordo coas bases da convocatoria.
A directora do IES, Ana Facal Maroñas, trouxo o diploma acreditativo da participación do centro nesta convocatoria. Desta volta foi o Xefe Territorial da Consellería de Educación na Coruña, Indalecio Cabana Leira, quen fixo a entrega.
Aproveitouse para lembrar aos "caídos pola patria" cun ramo de flores, colocado diante do monolito cos recorda no interior do edificio da Delegación.
Resultou un acto emotivo, sinxelo e breve.
Moitas grazas por invitarmos ao acto.
Por segundo ano consecutivo dende o Club de Ciencia desenvólvese un proxecto de educación avícola sobre a recuperación, conservación e fomento da raza autóctona Galiña de Mos, actualmente un produto delicattesen nas nosas mesas. Será o alumnado de 1º ESO o encargado de levalo a cabo e contarase coa colaboración da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos.
A semana pasada despois de escoitar a charla explicativa realizada polo veterinario Diego Rois sobre as características dos ovos, o mecanismo de incubación con controis de temperatura e humidade, e o nacemento dos poliños, vinte alumnos depositaron cadanseu ovo na incubadora e amosáronse moi ilusionados ante a perpectiva de ver nacer un pitiño do ovo que colocaran.
Diego Rois despediuse prometendo regresar en canto nazan os pitiños - aos 21 días- para indicarlle ao alumnado os pasos a seguir para mantelos con vida e que vaian medrando. Ata daquela só queda controlar o aparello para que as condicións sexan idóneas e... ter moita paciencia!
O pasado martes, 1º e 2º CM participou nun encontro con empresarias que forman parte do proxecto "Fixar" da Consellería de Traballo e que estiveron a residir no iSlow de Laxe. Invitámolas para que compartiran, de xeito conciso e espontáneo, as súas travesías profesionais en distintos sectores económicos.
Marta Somoza do ámbito da Decoración, Aida Ferreiro de Adega Casa da Barca, Lydia González de Maowdesing(Decoración) e Laura Jakobeit de SuCo constituíron o grupo de emprendedoras que se achegou da man de Julio Rodríguez de iSlow.
Expuxéronlle ao alumnado os seus respectivos camiños de emprendemento, comentando éxito e erros. Tamén responderon a cuestións do plan de empresa e subliñaron, como eixo crucial, a propia motivación e a paixón pola idea de negocio.
É un pracer coñecer a xente con folgos, incansables ao abatemento, cheos de inquedanzas e inquebrantábeis ante as adversidades. Aquí quedan aliadas, para sempre, regresade cando queirades.
Visita á Ganadería os Loureiros
No día de hoxe, 16/10/2024, visitamos as instalacións da Ganadería Os Loureiros, no Lugar de Reparada, Parroquia de Salto (Vimianzo), moi cerquiña do noso IES.
Esta ganadería, cunha inversión en instalacións de mais de 5 millóns de euros, conta cun número de reses entorno aos 900. Nela traballan 17 personas, a turnos, para atender as necesidades dos animais e servir a leitería. Unha das cousas que maior atención captou da rapazada foi o almacén dos residuos orgánicos, que se garda coa intención de abonar os campos que surten de materias primas a propia granxa.
O seu impacto ambiental é mínimo, dacordo coa calificación concedida pola administración. Por certo, logo de tres anos de inspeccións e comprobacións.
A súa intención é a de seguir crecendo a un ritmo dun 3% anual, si as circunstancias o permiten.
Moitas grazas, Tino e Víctor, polo voso emprendemento e lección de vida.
Arrincan as actividades da Aula de Emprendemento do noso centro para este curso, con Ana Gende Gerpe (xefa do departamento de Economía) como coordinadora.
O principal obxectivo da aula de emprendemento é canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado e fomentar o seu espírito emprendedor, pretendendo facilitar a súa inserción no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.
Actuación financiada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, e pola Unión Europea-NextGenerationEU (Reparto de 2021) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
O pasado mércores 5 de outubro, o alumnado do Ciclo Básico de Informática de Oficina e Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou nun obradoiro práctico sobre como Transformar unha idea nun negocio viable. O relator foi Pablo Osorio Diéguez e á vista das imaxes aproveitárono moi ben.
No día de hoxe, 16/10/2024, visitamos as instalacións da Ganadería Os Loureiros, no Lugar de Reparada, Parroquia de Salto (Vimianzo), moi cerquiña do noso IES.
Esta ganadería, cunha inversión en instalacións de mais de 5 millóns de euros, conta cun número de reses entorno aos 900. Nela traballan 17 personas, a turnos, para atender as necesidades dos animais e servir a leitería. Unha das cousas que maior atención captou da rapazada foi o almacén dos residuos orgánicos, que se garda coa intención de abonar os campos que surten de materias primas a propia granxa.
O seu impacto ambiental é mínimo, dacordo coa calificación concedida pola administración. Por certo, logo de tres anos de inspeccións e comprobacións.
A súa intención é a de seguir crecendo a un ritmo dun 3% anual, si as circunstancias o permiten.
Moitas grazas, Tino e Víctor, polo voso emprendemento e lección de vida.
Hoxe luns 14 de outubro, inauguramos o Club de Lectura de Adultos. Xa é o terceiro ano no que nos reuniremos unha vez ao mes, os luns de 15.30h a 16.15h na Biblioteca do Centro. Durante corenta e cinco minutos deixamos de lado as preocupacións cotiás e saudamos a chegada da imaxinación, da conversa e das reflexións arredor do libro elixido.
Arredor dun café e uns doces cada un de nós fomos presentándonos e comentando as nosas preferencias literarias. A primeira proposta é Os mortos que amei de Iria Collado, unha espléndida escolla para comezar esta nova andaina literaria, e contaremos coa presenza da autora o 11 de novembro.
Desta maneira, animámosvos a unirvos a esta festa do libro para gozar da lectura, espertar a imaxinación e a creatividade e fomentar a comunicación e a capacidade de escoita aprendendo uns de outros.
O pasado xoves visitamos co alumnado do 2º CM do SMR as dependencias do Banco de España na Coruña nas que se nos impartiu o taller Fai que che rente. Esta actividade encádrase no programa de Aulas de Emprendemento e no de Finanzas para todos do BdE.
No taller, Iria e Quique, achegáronnos aspectos da cultura financeira que todos deberiamos coñecer. Debullaron o noso comportamento como consumidores/compradores, os medios de pago que empregamos (efectivo, e tarxetas de prepago, débito, crédito, revolving..), as nosas expectativas de aforro-consumo nos escenarios presentes e futuros, para rematar cun sofisticado encontro coa fraude bancaria e as súas características.