Skip to Content

Programa A Mariña Ambiental

Experiencia práctica de compostaxe

O pasado luns 8 de maio volveron a visitarnos as técnicas da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña para realizar unha actividade práctica sobre a compostaxe.

Nesta ocasión o alumnado de 1º ESO puido aprendersobre a compostaxe e como poder iniciar a produción do noso propio compost no centro.

 

Empregando mostras de compost estivemos a investigar sobre a diversidade de seres vivos que habitan nel e que permiten a súa formación. 

Finalmente no patio do centro montamos unha composteira e recibimos valiosos consellos que non serán de gran utilidade no futuro. 

                 

 

 

 

 

.                                                                                                                                                                                 

Cálculo da pegada ecolóxica do consumo enerxético

 
O pasado luns 17 de abril visitáronnos as técnicas da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña para traballar co alumnado de 4º de ESO os efectos e as repercusións da nosa pegada ecolóxica.
 
Aprendemos a calcular a nosa pegada enerxética mediante a introdución de datos específicos,
reflectidos na factura da luz, na aplicación pública e gratuíta que a UDC ten a disposición dos 
seus usuarios á que poderedes acceder a través da seguinte ligazón.
 
 
 
Esta actividade forma parte do desenvolvemento do proxecto da UDC e Fundación ALCOA: 
Mariña ambiental, no que o noso centro participa este curso.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut