Skip to Content

Cálculo da pegada ecolóxica do consumo enerxético

 
O pasado luns 17 de abril visitáronnos as técnicas da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña para traballar co alumnado de 4º de ESO os efectos e as repercusións da nosa pegada ecolóxica.
 
Aprendemos a calcular a nosa pegada enerxética mediante a introdución de datos específicos,
reflectidos na factura da luz, na aplicación pública e gratuíta que a UDC ten a disposición dos 
seus usuarios á que poderedes acceder a través da seguinte ligazón.
 
 
 
Esta actividade forma parte do desenvolvemento do proxecto da UDC e Fundación ALCOA: 
Mariña ambiental, no que o noso centro participa este curso.
 


page | by Dr. Radut