Skip to Content

Exposición Letras Galegas 2023

O alumnado participou da creación dun mural para conmemorar o día das Letras Galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, nado na nosa comarca (Lourenzá) e sendo un dos grandes impulsores da lingua galega durante o século XX.

Visita a Santiago do alumnado de 3º ESO

O pasado martes, o alumnado de 3º de ESO acudiu a Santiago de Compostela para visitar tanto o Museo do Pobo Galego, como A Cidade da Cultura e a Biblioteca Couceiro. Asi, no primeiro gozaron de paneis sobre o mar, o campo, os oficios, os lugares e obxectos cotidians da sociedade galega.

 

Acto de graduación de Bacharelato

Este luns celebramos o acto de graduación do noso alumnado de Bacharelato, na que se proxectou un vídeo cos recordos dos últimos anos, a entrega de orlas por parte da titora e un regalo especial do instituto a cada un, consistente nun USB coas imaxes de cada un deles no seu paso polo centro, unha mochila, un caderno, un bolígrafo e unha rosa. A continuación gozaron dunha estupenda cena.

Toda a sorte no futuro, que estará de seguro cheo de éxitos académicos, laborais e persoais.

Talento mozo

A Xunta achega ao noso centro os obradoiros talento mozo con casos de éxito da xuventude galega. Dirixido por Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tratou de dar visibilidade ao gran potencial, creatividade e capacidade de innovación que ten a xuventude galega.

Visita á Aula Newton

O alumnado de 2º de ESO acudiu este xoves 4 de maio ó Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), ubicado no polígono de San Cibrao das Viñas, para gozar da segunda edición da Aula Newton, e que serve para que o alumnado galego poida iniciarse no mundo da aviación, cun simulador de vo.

O obxectivo deste proxecto impulsado pola multinacional Boeing entre outros, non é outro que fomentar as vocacións vinculadas ás ciencias, á tecnoloxía, á enxeñaría e á matemáticas, empregando un enfoque práctico e innovador que anime ó alumnado a optar no futuro por carreiras científicas e tecnolóxicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut