Skip to Content

Premios Extraordinarios da ESO ao rendemento académico 2023/2024

Foron convocados os premios extraordinarios ao rendemento académico para o alumnado que finaliza os estudos de ESO no curso 2023-2024 cun resultado excelente, dotados con  20 premios de 1.000€.

Presentación de solicitudes:  prazo de 1 mes dende a publicación no DOG (6 xuño 2024)  mediante a aplicación "Premiosedu", sendo necesaria a súa presentación na Sede electrónica (a propia aplicación o indica chegado o momento).

Requisitos: Ter cursado e superado 4º ESO no presente curso, ter unha nota media nos catro cursos de minimo 9 puntos e superar unha proba sobre materias de 4º ESO.

Características da proba: o día 4 de setembro terá lugar a proba, que se estrutura en dúas partes:

  •  A primeira parte (2 horas)constará de diversas cuestións referidas ás materias Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Primeira lingua estranxeira.
  • Na segunda parte (90 minutos) o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e prácticas de Xeografía e historia e  Matemáticas A ou B (a cursada).

Para máis información consultar a convocatoria que se achega como anexo a esta publicación.

CALENDARIO DE EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACHARELATO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato e de pendentes de 1º de Bacharelato:

Calendario

 

CALENDARIO EXAMES FINAIS - CSQI

Actualizouse o calendario:

Calendario

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

Un resumo coa información máis importante premendo no seguinte enlace:

INFORMACIÓN

AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024

Comunicado Urgente sobre las Becas del Ministerio de Educación – FEDIS

 

 

O Ministerio de Educación ven de convocar as  axudas para alumnado con Necesidade Específica  de Apoio Educativo  de cara ao vindeiro curso 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes vai do 30 de abril  ao 13 de setembro de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut