2007-2008, Complementarias, Escolares, 2008-09, Extraescolares e complementarias, Propostas por niveis, Informacións diversas, 2009-10, Extraescolares e complementarias, Informacións diversas, Propostas por niveis, 2010-2011
Intercambio con Sanxillao
Alumnado de 4º da ESO do IES María Soliño está inmerso nun Intercambio con alumnos/as do IES Sanxillao de Lugo para o fomento e uso do galego. O xoves 22 tiveron a primeira experiencia neste sentido, que consistiu nunha visita pola cidade de Lugo acompañados por dúas profesoras do mencionado centro. Os nosos alumnos/as puideron contemplar a fermosura do casco antigo e as murallas romanas.
O xoves 29 devolverannos a visita. Pretendemos que se acheguen á realidade actual dunha vila da costa, amosándolle entre outras cousas o seu rico patrimonio histórico (O Facho, Cruceiro do Hío, casco vello coas súas casas mariñeiras…). Se o tempo o permite, gozarán tamén das nosas magníficas praias.
Concurso fotográfico: "A palabra máis fermosa do galego"
1º Premio: "Soidade"
Autora: Ana Quiroga Álvarez 2º Bach C
Explicación da foto: dúas persoas illadas que se teñen a elas mesmas como compaña. Por outra banda, a chuvia contribúe a crear esa sensación de soidade, que se rompe polo sonriso da nena da esquerda, que olla sorprendida a paisaxe.
Premio: cámara compacta dixital.
2º Premio: "Natureza"
Autor: Hugo Santos Sánchez, 2º Bach A
Explicación da foto: coloquei unha flor cunha abella sobre unha superficie reflectante e apaguei as luces da habitación, desta maneira conseguín un fondo negro no que aparecen unhas franxas brancas por detrás da flor, que é a pouca luz que pasa pola xanela; por último, iluminei a flor cunha lanterna dende un lateral para darlle un contraste de luz e sombra. Esta foto ten que ver coa palabra natureza porque a flor e a abella son elementos da natureza.
Premio: lápiz de memoria
3º Premio: deserto
Bases do XXIV Certame de Poesía "MARÍA SOLIÑO"
1-Haberá dúas categorías:
A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo do E.S.O.
B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.
2-Concederanse tres premios en cada categoría
-Primeiro premio-200 euros.
-Segundo premio- 100 euros.
-Terceiro premio- 50 euros.
3-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.
4-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de cinco.
5-Presentaranse tres copias, mecanografiadas, dos poemas.
6-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño (Monte Carrasco, nº 3 / 36940 CANGAS)
nun sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence.Dentro dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos: nome, enderezo, teléfono, centro no que cursa estudos e certificado de estar matriculado no centro.
7-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores.
8-O prazo de entrega rematará o día 10 de Xuño.
9-O fallo do xurado farase público no acto da entrega de premios, que terá lugar entre o 16 e o 20 de Xuño no IES María Soliño.
Día do libro
O 23 de abril conmemórase no centro o día do libro cunha lectura continuada de " o sol do verán" de Carlos Casares.
Os distintos grupos en horario organizado baixaran á biblioteca donde cada alumno/a leerá aproximadamente media páxina do mencionado libro.
"Mira por él"
"Mira por él" é un programa de achegamento ao patrimonio cultural galego promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Con este programa, mediante proxeccións e actividades, móstrase ó alumnado o noso patrimonio material e inmaterial e a importancia da súa conservación.
Tivo lugar entre o 25 de abril e o 6 de maio e participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Mediante exposicións, vídeos, xogos, etc. pretendeuse afondar no coñecemento do noso patrimonio cultural para valoralo e así coidalo, defendelo, protexelo e conservalo.
Mostra de teatro
Do 24 ao 30 de abril celébrase a XII Mostra de teatro de ensino secundario do Morrazo. Este ano correspóndelle a organización ó IES As Barxas.
Centros que participan: IES de Rodeira (Cangas), Eduardo Pondal (Cangas), IES Salvador Moreno (Marín) e IES María Soliño coa obra "O último roedor" de Cándido Pazó e baixo a dirección de Pedro Pablo Riobó e Vanesa Sotelo.
Imaxes da representación da obra no Auditorio Municipal de Cangas, día 8 de maio
Entrevista a Xosé Martínez
Entrevista a Xosé Martínez sobre o Intercambio con Varese (Italia):
«O mesmo feito de viaxar leva consigo unha ensinanza intrínseca»
ENTREVISTADOR-Antes de nada gustaríame saber de onde xorde a idea do intercambio.
PEPE-Sí,a idea do intercambio xorde das relacións que mantivemos en anos pasados cun instituto de Nápoles,e entón había unha profesora que estivera de lectora de italiano e inglés aquí, Ángela Cermesoni, que era de Varese , nas proximidades de Milán. Un centro da mesma localidade púxose en contacto con nós por se nos interesaba participar nun intercambio lingüístico.
¿Qué se pretende conseguir co intercambio?
Sobre todo que se interrelacionen rapaces e rapazas de Cangas con rapaces e rapazas italianos, e que a lingua sexa o vehículo que os mova. Eles veñen precisamente a estudar máis ben español porque son dun centro no que estudian Turismo, no cal se imparten varias linguas, entre elas o español, o francés, o alemán e inglés.
Ou sexa, que teñen xa unha idade avanzada,¿non?
Sí, son de quinto curso .Teñen entre dezasete e dezaoito anos.
Aproximadamente,¿canto durará o intercambio?
O intercambio de alumnos aquí dura unha semana, do 21 o 28 de outubro.Nós temos pensado ir a Varese(Milán),do 12 o 19 de marzo.
¿Cantos alumnos van ser?
En principio van ser sobre 26. Son todas rapazas.Neste tipo de especialidades soe haber un maior interese por parte do alumnado feminino que o masculino.No noso caso irán 26 alumn@s ,neste caso mixtos,e dous ou tres profesor@s máis que aínda están por determinar.
¿Tense pensado facer algún tipo de actividade referente a eles?
Sí,temos pensado, aquí polo menos, facer unha presentación no centro. Ensinarlles non só a cultura española, que é o que lles interesa, senón tamén a cultura galega.Temos tamén previsto un programa no cal cheguen a participar nalgunha clase.Sobre todo aquelas nas que están os rapaces e rapazas cos que están convivindo nas súas casas.Ensinarlles o noso plantel educativo.Tamén se ten previsto realizar algunha actividade fora do centro.
¿Vaise facer con elas algún tipo de apilo ou axuda para a aclimatación a este centro?
Non.O ser xa alumnas maiores non creo que faga falla unha aclimatación estricta.Vou ter unha reunión con alumn@ s e con nais-pais para que os reciban o mellor posible.
Falando un pouco d@s alumn@s deste centro,¿como vai ser a súa estancia en Italia?
Ó ser unha viaxe a Italia a intención é sacarlle o maior proveito posible. Pese a que van rapaces e rapazas de distintos bacharelatos,pensamos parar un día en Roma e facer un periplo polo que é a Roma máis clásica.
Ou sexa,que vai ser unha viaxe cultural.
Sí. Ademais, cando cheguemos a Varese,temos pensado achegarnos ó seu centro, ás suas aulas, algo que eles van facer tamén aquí. E polo que me ten comentado, a profesora que está ó cargo, Georgia Bianchi, vainos ensinar a zona de Varese, que é unha zona preciosa.De feito, eles mandáronnos un CD composto por eles mesmos no que se resaltan as características principais da rexión.
¿Tense previsto algún plan de estudio especifico?
Non, máis que nada o importante é a convivencia e que se aprendan a expresar en castelá, xa que lles interesa. E xa que eles se expresan en inglés, a nosa pretensión é que os nosos tamén se expresen nesta lingua.
¿Cal é o seu papel dentro deste intercambio?
O meu é o de coodinador do centro, e máis que nada consiste en artellar a viaxe, contactar tanto cos coordinadores italianos coma coas familias aquí.
Ben, non sei se hai algo que vostede queira engadir ou falar de algo que non lle preguntei.
Eu creo que isto é moi interesante independentemente do valor cultural, educativo que poida ter, creo que os alumnos de cada país deben acostumarse a coñecer outros lugares .O mesmo feito de viaxar xa leva consigo unha ensinanza intrinseca. Estar nun aeroporto, que un rapaz se marea, saber onde ten que ir nun momento determinado..´.E fundamental , independentemente do sitio ó que se vaia. Ademáis , somos dos países nos que os alumnos viaxan menos. Noutros países están máis acostumados a viaxar a outros lugares. Hai certo temor dentro das familias a deixar viaxar, e ,moitas veces, non é só polo custo económico, que tamén o é en moitos casos, senón polo «medo». En todas as viaxes nas que eu participo, a miña ansia é esa precisamente: que o alumnado viaxe, que se relacione con outros rapaces e rapazas da súa idade…
Ben, pois moitas grazas . Encantado de falar con vostede.
Nada, home.
Entre mareas
ENTRE MAREAS é un programa organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e solidariedade. O 9 de Abril, o alumnado de 1º ESO participou nese programa. Fixeron unha travesía marítima pola costa do Grove a bordo dunha embarcación adaptada para a visión submarina. A viaxe foi moi perto da costa, xa que o mar e o tampo así o aconsellaban. Logo asistiron a un interesante obradoiro sobre mamíferos mariños e remataron cunha visita guiada ao Acquarium Galicia.
Visita a Santiago organizado polo Departamento de Tecnoloxía
Organizado polo Departamento de Tecnoloxía, o día 8 de Abril, o alumnado de 4º ESO foi a Santiago de Compostela.
Pola mañá fixeron unha visita de carácter técnico ás instalacións da TVG para analizar o seu aspecto organizativo e observar o seu funcionamento cara a emisión dun programa.
Pola tarde no Instituto Galego de Consumo, participaron nos obradoiros de Linguaxe Publicitaria, Etiquetado e Consumo Responsable . Neles analizaron o etiqutado de distintos alimentos, a publicidade, hábitos de consumo, etc
Visita a IFEVI
Visita a IFEVI. O 11 de Abril, alumnado de 1º de Bacharelato foi a Vigo, o IFVI onde se celebraba FORUM ORIENTA. A finalidade desta visita era ter un maior coñecemento sobre o Ensino Superior en Galicia mediante información sobre a oferta educativa ( Universidades; F.P. e Ensinanzas Artísticas), bolsas e axudas, estudos no extranxeiro e información sobre as Probas de Acceso a Universidade e o acceso ás titulacións.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »