Intercambio con Sanxillao
Alumnado de 4º da ESO do IES María Soliño está inmerso nun Intercambio con alumnos/as do IES Sanxillao de Lugo para o fomento e uso do galego. O xoves 22 tiveron a primeira experiencia neste sentido, que consistiu nunha visita pola cidade de Lugo acompañados por dúas profesoras do mencionado centro. Os nosos alumnos/as puideron contemplar a fermosura do casco antigo e as murallas romanas.
O xoves 29 devolverannos a visita. Pretendemos que se acheguen á realidade actual dunha vila da costa, amosándolle entre outras cousas o seu rico patrimonio histórico (O Facho, Cruceiro do Hío, casco vello coas súas casas mariñeiras…). Se o tempo o permite, gozarán tamén das nosas magníficas praias.
»