Escolares

Vive a música

Galería de imaxes 

O venres, 20 de Xuño, celebramos a fin de curso adicándoo á música. A actividade terá lugar a partir das 11:00 e contará coas seguintes actuacións, nesta orde:

GRUPO DE ROCK “CRAWL” _NAS PISTAS

GRUPO DE FOLC _NA ÁGORA

GRUPO DE MÚSICA CLÁSICA *_NO SALÓN DE ACTOS
(Esta actuación coincidirá coa entrega dos premios do certame de poesía María Soliño)

FABIO  (MÚSICA SICODÉLICA)*_NAS PISTAS

KARAOKE_SALÓN DE ACTOS_PROFESORADO E ALUMNADO 

GRUPO DE ROCK “XEOMÁNTICA”_NAS PISTAS

Durante todas as actuacións (a excepción da de música clásica)  sortearanse entre os presentes CDS e CAMISOLAS dos grupos Lavorda, Sem Resposta,
Quempallou e Son de Seu. De calquera xeito se ¡vives a música! vas  ter un agasallo.

O profesorado de aula estará presente no lugar das actuacións para controlar a asistencia (desdobres e agrupamentos co profesor/a do grupo de referencia):

4ª hora de 11: 40 a 11:50_Ágora
5ª hora coincidindo coa actuación de Fabio_Patio cuberto das pistas
6ª hora de 13: 15 a 13:30_Patio cuberto das pistas

 * Se xurde algún imprevisto, a orde de actuación pode intercambiarse.

NOTA: O ALUMNADO PERMANECERÁ EN TODO MOMENTO DENTRO DO RECINTO ESCOLAR

Visita a Salamanca

Do 10 ó 13 de abril o alumnado de relixión de 1º Bach fixo unha visita cultural a Salamanca, recorrendo o casco histórico (Praza Maior, Praza Anaya, Universidade Pontificia, Casa das Conchas, Fachada da Universidade) e visitaron varios museos.

Galería de fotos

Visita ó IES Manuel Antonio

O departamento de orientación organiza ó longo de toda a ESO saídas co fin de coñecer as posibilidades que ten o alumnado cando remeta a ESO.

O 29 de novembro o alumnado de 3º ESO e PGS visitou o IES Manuel Antonio. Esre centro está dentro da zona de fácil acceso para o noso alumnado e dispón dun número moi amplo de ciclos formativos. Con esta visita coñeceron in situ a súa oferta, así como as súas dependencias e residencia.

As Médulas

O alumnado de 2º Bach realizou unha viaxe á explotación aurífera romana das Médulas.

Despois dunha panorámica xeral desde o mirador Orellán percorreron, perfectamente equipados con lanterna e casco, unha das galerías. Posteriormente cruzaron a pe todo o complexo ata chegar á aldea das médulas.

Pola tarde fíxose a viaxe cara Ourense, onde se pernoctou, para ao día seguinte visitar a cidade seguindo o itinerario que percorren os protagonistas da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor.

Aviaxe completouse pola tarde con dúas últimas visitas: a casa-museo de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba e a vila de Ribadavia.

Podes ler a unidade didáctica elaborada para a viaxe.

Galería de fotos

Intercambio con Sanxillao

O alumnado de 4º ESO está inmerso nun intercambio con alumnos/as do IES Sanxillao de Lugo para o fomento e uso do galego. O xoves 22 de maio tiveron a 1ª experiencia neste sentido, que consistiu nunha visita pola cidade de Lugo acompañados por dúas profesoras do mencionado centro. Os nosos alumnos/as puideron contemplar a fermosura do casco antigo e das murallas romanas.

O xoves 5 de xuño devolverannos a visita. Pretendemos que se acheguen á realidade actual dun pobo da costa, amosándolles o seu rico patrimonio histórico: o Facho, cruceiro de Hío, casco vello coas súas casas mariñeiras, etc.

Galería de fotos

Actividades de orientación no lago Castiñeiras

O día 12 de Xuño o alumnado de 3º ESO desprazase ó Lago Castiñeiras para realizar unha serie de actividades de orientación organizadas polo Departamento de Educación Física.

Galería de fotos

 

Gravación musical

O alumnado de música de 1º de bacharelato, baixo a dirección do profesor Xulio, participou o 4 de Xuño na gravación da melodía de dúas Cantigas de Santa María, peza que fora preparada para un acto realizado con motivo da celebración do día das Letras Galegas.

Galería de fotos

Sendeirismo ata o Facho

O 9 de Xuño alumnado de 1º ESO fixo sendeirismo dende o Instituto ata o Monte de Facho pasando por Herbello, Vilariño, Riodesteiro, Igrexario e Montes da Serra. Visitaron o xacemento arqueolóxico, baixaron a comer a Donón e pola tarde fixeron actividades lúdico-deportivas na praia de Viñó. Estas actividades foron organizadas e dirixidas polo alumnado do Primeiro Ciclo do TAFAD, formando parte das prácticas do seu currículo

Galería de fotos

Exposición sobre o “PRESTIGE”

Do 4 ó 13 de xuño exposición na ágora “ PRESTIGE: CRÓNICA NEGRA DUN MODELO ENERXÉTICO INSOSTIBLE”
Alumnado de diferentes cursos pode observar o que supuxo o desastre do Prestige e a necesidade de facer un uso máis  controlado das fontes de enerxía fósiles.
 Para reforzar a actividade tiveron que completar unha ficha elaborada polo profesorado.

Galería de fotos

Prácticas de primeiros auxilios

Na ágora, o longo dunha semana e nos recreos, o alumnado do Ciclo Superior de TAFAD, fixo unha demostración de Recuperación Cardiopulmonar. Profesorado e alumnado participou  nas demostracións.

Galería de fotos

Distribuir contido