Escolares
Entroido 2008
Para manter vivas as tradicións da nosa comunidade no Centro celebrouse o Carnaval. Foi o venres 1 de febreiro. Xa no ágora tiñamos unha exposición de máscaras realizadas polo alumnado de Plástica.
A partir das 12:00 horas suspénderonse as clases para que o alumnado e profesorado poidera disfrazarse e participar das actividades programadas para amenizar a xornada ( Se ben e certo que xa dende as primeiras horas da mañá se vivía o ambente festivo no centro, atopándonos con alguns alumnos/as disfrazados/as)
Disfrutaron con nós da festa, un grupo de alumnos/as do Juan XXIII, buscando a outra metade da tarxeta entre compañeiros/as, comendo orellas, desfilando no concurso de disfraces, bailando o son dos gaiteiros e atemorizándonos na “casa do terror”.
Houbo unha participación moi significativa de alumnado, non podemos decir o mesmo do profesorado, e unha importante colaboración da ANPA xa que aportou as orellas e os premios no concurso de disfraces.
Exposición sobre o espazo natural de Punta Balea.
O espazo natural de Punta Balea atópase en solo catalogado como de protección de espazos naturais. En pouca superficie hai unha gran concentración de hábitats dando lugar a unha gran riqueza natural e a unha alta diversidade biolóxica de plantas, insectos, reptiles, aves, mamíferos, etc.
Vive en defensa do monte galego 2008
O alumnado de 3º ESO participa do 28 ao 31 de Xaneiro no programa "Vive en defensa do monte galego 2008"
É un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural e cultural galego que promove o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á recuperación do noso monte.
Aloxados no albergue xuvenil As Sinas Farán Obradoiros, recollida de sementes, realización de viveiros, plantación de especies autóctonas, rutas de orientación, etc.
Cándido Pazó
O día 9 de novembro o noso salón de actos foi un estoupido de risas, aplausos, sorpresas... Cándido Pazó, actor, autor teatral, director, co seu "Espectáculo da palabra", encandilou ó alumnado e profesorado. A palabra feita espectáculo, a palabra que divirte, celebra, recorda, emociona... Fíxonos pasar momentos estupendos.
Clases sen fume
O alumnado de 1ºA e 2ºB da ESO participa no programa "clases sen fume", enmarcado na rede europea de mozos sen tabaco e levado a cabo pola dirección xeral de saúde pública (Consellería de Sanidade). Ten como obxetivos o retardo na idade de inicio no tabaco, ou o fomento do abandono nos que xa tiveran experiencias de consumo e a normalización da imaxe do "NON FUMADOR".
Pretende tamén fomentar o desenvolvemento de proxectos creativos na idea dunha saúde sen tabaco.
Saída ó Facho
O 27 de novembro o alumnado de 2º ESO fixo unha saída ó Facho.
Foron facendo senderismo co profesor de educación física e os alumnos/as de 2º do ciclo, saíndo do instituto, cruzando por Piñeiro, Liméns, igresario, Montes da Serra e Facho. Alí analizaron in situ o que era un poboado castrexo e o santuario de Berobeo coas explicacións da profesora de sociais.
Volveron en autobús facendo unha parada en Mogüelos para observar os petroglifos.
Esta saída fíxose a proposta do departamento de Xeografía e Historia e Educación Física.
Naturnova
O día 27 de novembro o alumnado de 1º ESO visitou o centro social de Caixanova.
Alí estiveron en Naturnova, centro interactivo de educación medio ambiental no que mediante a realidade virtual coñeceron mellor o mundo ó que pertencemos e a súa importancia para a vida e a necesidade de conservalo.
Tamén percorreron a exposición permanente de arte contemporánea galega onde mediante as explicacións dunha guía observaron e apreciaron algunhas das obras expostas.
Na opinión das profesoras acompañantes a experiencia foi moi positiva e recomendaron a súa repetición para o mesmo nivel en anos próximos.
Esta actividade foi proposta dende os departamentos de Ciencias sociais, naturais e plástica.
Actividades programadas
● Participación na semana branca (xaneiro), semana verde (abril) e semana
azul (xuño)
Actividades programadas
● Visita ás escolas taller de Cangas (Granxa da Rúa) e de Moaña (Padroado
Beiramar) para ver as posibilidades de facer cursos de formación
ocupacional.
● Visita aos I.E.S. de Rodeira (Cangas), Paralaia (Moaña), Johan Carballeira
(Bueu), Xunqueira (Pontevedra), Manuel Antonio e Paz Andrade (Vigo) ou o
CFEA de Lourizán para ter coñecemento da existencia e funcionamento dos
Ciclos Formativos de Grao Medio do contorno: condicións de acceso,
materias, prácticas, saídas laborais, etc. Ver fotos
● Visita á Escola de Adultos de Cangas: cursos, actividades complementarias,
etc
Actividades programadas
● Asistir a unha representación teatral en Vigo e visita a MARCO
Departamentos: Lingua Castelá e Plástica.
● Asistir a exposición ARCO en Madrid
Departamento: Plástica
● Visitar a Facultade de Belas Artes Mestre Mateo
Departamento: Plástica
● Visitar o Instituto de Investigacións Mariñas (Bach de Ciencias)
Departamento: Física e Química
● Visita a Universidade de Vigo (Bach. Ciencias)
Departamento: Física e Química.
● Saída a Santiago: A arte do barroco e o Parlamento de Galicia.
Departamentos: Ciencias Sociais e Filosofía.
● Visita ás Médulas, Ourense e Trasalba. Imaxes
Departamentos: Ciencias Sociais e Lingua Galega.