Saída ó Facho

O 27 de novembro o alumnado de 2º ESO fixo unha saída ó Facho.

Foron facendo senderismo co profesor de educación física e os alumnos/as de 2º do ciclo, saíndo do instituto, cruzando por Piñeiro, Liméns, igresario, Montes da Serra e Facho. Alí analizaron in situ o que era un poboado castrexo e o santuario de Berobeo coas explicacións da profesora de sociais.

Volveron en autobús facendo unha parada en Mogüelos para observar os petroglifos.

Esta saída fíxose a proposta do departamento de Xeografía e Historia e Educación Física.

Visita ao Facho              Visita ao Facho