Skip to Content

O 18 de maio publicouse a convocatoria para a solicitude de Axudas para Alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) que se pode ver no seguinte enlace:

- Enlace a convocatoria das Axudas para alumnado con NEAE

- Instruccións para a solicitude

O prazo para a solicitude é dende o 19 de maio ata o 30 de septembro de 2022.

No DOG do mércores, 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar que se pode consultar nos seguintes enlaces:

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

Acceso á aplicación fondolibros

ANEXO I 

ANEXO II 

O prazo permanecerá aberto ata o día 22 de Xuño (incluído)

 

INFÓRMASE QUE NO CURSO 2022/23 O CENTRO ESTÁ INCLUÍDO NO PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL) PARA 1º ESO , 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. O alumnado destes cursos está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, se reúne os requisitos establecidos na orde. 

Está semana tivemos a xornada de acollida do alumnado de 6º de Primaria no centro, durante a cal os nosos futuros alumnos dos centros adscritos do Landro, O Vicedo, Celeiro e Galdo visitaron as instalacións do noso centro: aulas, cafetería, salón de actos, etc.

  

O programa ORIENTALINE, ao que se pode acceder no seguinte enlace: https://www.elorienta.com/movil/?yafxb=81736 ou facendo clic na imaxe de abaixo, conten información actualizada sobre:

- Grados universitarios e nota que se necesita para acceder.

- Formación Profesional: ciclos de Grado Superior, Grado Medio e novos títulos de FP Básica.

- Ensinanzas Artísticas Superiores.

- Outros estudos: ensinanzas deportivas, idiomas, etc.

- Títulos - Itinerarios - Ley LomLoe e FP


 

 

BECAS 22-23

 

FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

PRAZO DE SOLICITUDE:

De: 30-marzo-2022

A: 16-maio-2022

Solicitude telemática a través da sede electrónica (necesita firma electrónica ou DNI electrónico):

https://sede.educacion.gob.es

www.educacionyfp.gob.es

Solicita para os estudos que pensas realizar, durante o proceso poderás cambiar os estudos que realmente vas cursar.

REMATA A SOLICITUDE CORRECTAMENTE:

Asegúrate de imprimir o RESGARDO DE SOLICITUDE.

CORREO ELECTRÓNICO:

Todas as COMUNICACIÓNS serán DIRECTAMENTE AO INTERESADO por CORREO ELECTRÓNICO. Revísao periodicamente, os requirimentos de documentación fanse por este medio. En AGOSTO comunícase por e-mail aos interesados se poden ser beneficiarios de beca ou non enviando un correo electrónico.

Durante o proceso, poderás facer alegacións, pero tes que estar pendente das comunicacións que recibirás por e-mail, para que non se che pasen os prazos.

TELÉFONOS DE ATENCIÓN A0 PÚBLICO. BECAS-LUGO.

982 29 41 88    -    982 29 49 57    -    982 29 41 69

Alumnos do ciclo medio e superior de Administrativo do IES María Sarmiento visitaron o Parlamento de Galicia o pasado luns, acompañados polos profesores Ramón Cajoto, M. Antonia Loureiro e Ana Val. Despois de visitar o edificio e asistir á sesión do pleno que se estaba celebrando o pasado luns; foron recibidos polos deputados mariñáns: Elena Candia, José Manuel Balseiro, e Daniel Vega do PP e por Daniel Castro do BNG, Patricia Otero do PSOE, que atenderon as demandas e preguntas dos alumnos.

Mateo Rubal Fanego, alumno do noso centro, foi elixido este sábado o mellor soldador de España nas olimpíadas de Formación Profesional, Spainskills 2022, celebradas dende o 23 ao 25 de marzo no Ifema de Madrid.

Na categoría de Soldadura competían 14 alumnos en total. A peza feita por Mateo foi a única peza dos 14 competidores que superou con éxito a proba de estanqueidade, conseguindo así a medalla de ouro en soldadura.

Parabéns a Mateo e ao seu titor Eliseo Maseda.

 

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a biblioteca convoca o I Concurso de chíos de amor. O día 2 de febreiro é a Candeloria, preludio da primavera e data na que según di o refrán casan os paxariños. 

Desde o día 2 ata o 11 de febreiro escribe unha mensaxe breve en galego co teu nome e curso na parte traseira nos post-its que atoparás no tenderete do equipo de Dinamización Lingüística.

Escribe todos os chíos que queiras e sorpréndenos ca túa orixinalidade. Iremos publicando no Instagram da biblio @bibliomasa e do EDGL @dinamizaciondosarmiento as vosas propostas! 

O día dos Namoradxs, 14 de febreiro, decidirase o chío gañador. Sorte!

A empresa de reparación de lunas RALARSA estivo no centro facendo unha demostración da reparación de lunas cos alumnos do ciclo de automoción.


Premendo na seguinte ligazón INFORMACIÓN pódense consultar Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado das ensinanzas profesionais de música e de danza e das ensinanzas de réxime xeral.

Deixamos uns pequenos resumos informativos sobre as axudas xerais do MEFP e dos Centros residencias docentes. Esperamos que sexan de axuda! 

-Bolsas xerais do MEFP

-Bolsas centros residenciais docentes.

Xa non queda nada para rematar o curso! Para botarvos unha man, achegámosvos unhas breves presentacións sobre os diferentes estudos aos que podedes acceder ao rematar a etapa da ESO.
Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación. 

-Cursar Bacharelato

-Cursar Ensinanzas de Réxime Especial

-Cursar Grao Medio de FP

Finalizades unha etapa e é hora de tomar decisións! Sabemos que pode ser complexo, así que para botarvos unha man achegámosvos unhas presentacións para que coñezades as diferentes opcións académicas ás que podedes acceder:

-Orientacións para a ABAU.

-Formación Profesional Grado Superior

-Ensinanzas de Réxime Especial

-Graos Universitarios.

Se tes algunha dúbida ponte en contacto co Departamento de Orientación.

O pasado 15 de decembro de 2020 tivo lugar no taller de Soldadura e Caldeiraría do IES María Sarmiento a presentación do proxecto "Programación dun Robot de Soldadura", que contou desde o seu inicio co apoio da Fundación Alcoa.

A automatización, cada vez maior, da industria en xeral e do sector metal-mecánico en particular, outórgalle a este proxecto unha importancia destacada, permitinto que o alumnado reciba unha formación punteira acorde aos avances tecnolóxicos e aumentando as súas posibilidades de inserción laboral. Ademais, deste proxecto poderá beneficiarse, cando menos, o alumnado dos vindeiros 12 ou 15 anos.

Este equipamento complementa o equipo de corte (Plasma CNC), proxecto que tamén promoveu a Fundación Alcoa fai uns anos.

 

Ante as numerosas dúbidas formuladas en relación ás bolsas do MEFP e as prazas de residencia para estudos non universitarios deixamos un resumo informativo que esperamos sexa de axuda.

Información acerca das bolsas xerais do MEFP

Información acerca das residencias

Ademais, pola particularidade do presente ano académico, deixamos as seguintes aclaracións:

  • Mantéñense as bolsas para o alumnado de FP que decidíu pospoñer as prácticas de FCT por mor da pandemia. (enlace)
  • Igual que en anos anteriores, deberá devolver as cuantías das bolsas o alumnado que:
  • Causara baixa nos estudos para os que solicitou a bolsa.
    • Non cursara un mínimo do 80 % das horas lectivas.
    • Reducira o número de materias/módulos matriculados sen acadar o mínimo esixible para ter dereito a bolsa de estudos.
    • Non aprobar un mínimo do 50% das materias/créditos/horas matriculados.
    • Non ter superado o curso de acceso ou preparación para a FP ou as EOI.
    • Non ter presentado o Proxecto de fin de Estudos no caso de ter solicitada a bolsa para tal fin.
  • O alumnado con NEAE deberá devolver as bolsas concedidas nos seguintes casos:
    • Causara baixa nos estudos para os que solicitou a bolsa.
    • Non cursara un mínimo do 50 % das horas lectivas.
    • Non ter pagados servizos prestados para os cales se concedera a bolsa: transporte, residencia, axudas ao estudo.
    • Reintegrará a bolsa o alumnado que recibindo cartos para o comedor, non houbera usado este servizo.

(enlace Instrucións)

 

Desde aquí pódese acceder a este marabilloso traballo feito por alumnos de 1º de ESO do IES María Sarmiento de Viveiro durante o curso 2017-18.

O alumnado de 1º da ESO do IES María Sarmiento seguirán cursando materias E-Dixgal no vindeiro curso 2019-20, e disporán do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material en perfectas condicións.

Se queren entregar o portátil no período estival:

Deberán entregar o equipo no centro en perfectas condicións (co seu correspondente maletín, cargador) e asinar o documento achegado polo centro.

Neste caso o ordenador portátil se clonará (perdendo todos os documentos incorporados polo alumno) e no próximo curso 2019-20 se lle poderá adxudicar o portátil ó mesmo alumno ou a outro.

Esta entrega voluntaria poderán realizala no IES María Sarmiento os días 27 e 28 de xuño e o 1 de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

Para máis información consultar as Normas para o noso centro e/ou as Normas xerais do proxecto E-DIXGAL.

Publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2019/2020.

Para máis información https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e AQUÍ.

Os anexos pódense obter AQUÍ.

O prazo para a presentación de solicitudes e desde o 21 de maio ao 21 de xuño de 2019.

Na Resolución de 9 de xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e modelo de Consello Orientador da ESO recóllese que para obter o título da ESO hai que

  • Ter avaliación positiva en todas as materias, ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.
  • Ter acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as comptencias correspondentes.

No presente curso imos usar unha folla de cálculo para obter a cualificación de cada competencia. A fórmula para obter a cualificación da competencia consiste en:

Sumar o resultado de multiplicar a cualificación de cada materia polo número de ítems que ten asignados cada competencia na correspondente materia e dividir pola suma de todos os ítems de todas as competencias que cursou a alumna ou alumno.

A folla de cálculo, adaptada ao presente curso e ao noso centro, pódese descargar en formato .ods (LibreOffice Calc) ou .xls (Microsoft Excel).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder a un simulador das cualificacións das ABAU e das cualificacións de acceso aos diferentes graos.

Hai que introducir a media de Bacharelato e a nota das diferentes materias de ABAU. A folla de cálculo divos se aprobades ou non, se tedes dereito a bolsa de estudos (de matrícula ou completa), ...

Pódese descargar en formato .ods (LibreOffice Calc) ou .xls (Microsoft Excel).

Distribuir contido


by Dr. Radut