Skip to Content

Concurso de fotografía urbana: O GALEGO ESTÁ NA RÚA

Xubilación Primitivo Marcos

O xoves 31 xubilouse o noso compañeiro do departamento de inglés Primitivo Marcos tras 34 anos de docencia. Xubílase para deixar espazo á súa paixón que son os comic e o debuxo. De feito, leva anos agasallándonos coa súa arte para a biblioteca e o canciño do logo da biblioteca tamén é obra súa. Para homenaxealo o equipo de traballo de BiblioMasa organizou unha exposición permanente con todas as súas obras no corredor da biblioteca.

Presentación do proxecto DIARIO SARMIENTO

Hoxe tivo lugar o acto de presentación do proxecto DIARIO SARMIENTO realizado por un grupo de alumnado unión de dous colectivos presentes no centro LAS GRANDIOSAS TIGRESAS BARBUDAS (LGTB) e o ALUMNADO AXUDANTE (AAA).

No curso pasado 2020-2021 o grupo Peripatéticos Viveirenses do centro, dirixidos pola profesora Yolanda Fernández, resultaba gañador a nivel nacional do programa YOUTH4GOOD promovido pola Fundación Vodafone, presentando unha proposta como solución ao reto do bullying nos centros escolares. O premio alcanzado supoñía 5.000 euros para facer realidade o proxecto. O grupo gañador remataba xusto ese curso os seus estudos no centro, co que se facía preciso que outro alumnado asumise o relevo e retomase o proxecto para darlle continuidade, e é aí onde  aparecen Alicia Yáñez e Francisco Basanta como novos responsables do proxecto, convidando aos dous colectivos a confluir nun mesmo e comezar o  traballo que mañá se presenta. 

 

Participación de 3 alumnos do Sarmiento en Spainskills 2022

Entre o 23 e 25 de marzo de 2022 celebrarase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2022, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia presenta 29 competidores/as que participan en 27 skills. Estes/as competidores/as son os/as gañadores/as das medallas de ouro da 6ª edición dos Campionatos Galegos da Formación Profesional Galiciaskills 2021. Entre eles atópanse os nosos alumnos:

  • Sergio Martínez Pajón, medalla de ouro en Tecnoloxía do automóbil
  • Adrián López Bahamonde, medalla de ouro en Control Industrial
  • Mateo Rubal Fanego, medalla de ouro en Soldadura

Desexámoslles moita sorte!!!

Visita da autora Ledicia Costas

 

Durante a maña de onte puidemos gozar da visita da escritora Ledicia Costas falándolles das súas obras O Corazón de Xúpiter, Unha estela no vento e Golpes de Luz ao alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. Grazas a Edicións Xerais de Galicia e a profesora do departamento de galego Luz Sierra por organizalo.

 

 

 

Visita da autora Montse Fajardo

O pasado venres 18 de marzo, os departamentos de Lingua brindáronnos a oportunidade de coñecer a Montse Fajardo, a autora do libro INVISIBLES, que narra a desgarradora historia de oito mulleres galegas que sufriron violencia de xénero. Todos os rapaces e rapazas deberían léelo!!!

Acto de Solidariedade con Ucraína

O pásado mércores 16 de marzo, fixemos un acto en solidaridade con Ucraína. O alumnado de música, dirixido pola súa profesora María Ron interpretou o "Himno da Alegría" en directo. Despois fixemos unha lectura en solidariedade e escoitamos polo altofalante a canción "No dudaría" de Antonio Flores.

O teu navegador non soporta este vídeo.

Radio Diario do Sarmiento

No seguinte vídeo presentámosvos a Radio Diario do Sarmiento, unha radio contra o acoso escolar. 

Xogadoras do Burela FS Feminino visitan o noso centro

As xogadoras Lara Balseiro e Emilly do Burela FS Femenino compartiron unha xornada co alumnado do IES María Sarmiento. Aproveitamos para repasar a traxectoria do equipo Feminino (acaba de proclamarse Campión de Europa e da Supercopa de España ) e para falar do deporte feminino, a igualdade de xénero (ou desigualdades) e do convenio laboral que firmou o Burela FS coas súas xogadoras, pioneiro en toda España.

 

 

8M: Día da muller traballadora

Con motivo do 8M dende os departamentos de Orientación/Convivencia/Educación Plástica e Visual promovemos o concurso de carteis do día internacional da muller. No recreo tivemos un acto de entrega de premios a gañadora Antía López Fernández de 3º ESO C e aos finalistas dos mellores carteis elaborados.

Tamén conmemoramos esta sinalada data cunha peza da Xeración do 27 interpretada por Andrés Sospedra de 4º de Eso e un pequeno manifesto reivindicativo que leu Lucía Carretero Fernández.

 

  

 

     

Carnaval no Sarmiento

Hoxe puidemos gozar do desfile de entroido no centro. Parabéns aos gañadores do concurso, o alumnado de 2º de Bac que optaron por representar as viñetas de Davila. 

Dúas alumnas do IES María Sarmiento gañan a Olimpíada de Xeoloxía de Lugo

Dúas alumnas de primeiro de Bacharaleta do IES María Sarmiento de Viveiro gañaron a Olímpiada de Xeoloxía de Lugo, organizada a semana pasada en Ribadeo pola Asociación Española para a ensinanza das Ciencias da Terra (Aepect). 

Belén Lorenzo Pérez quedou primiera, mentres que Nieves Cobelo Requeijo quedou segunda nas probas que se desenvolveron na praia das Catedrais (práctica) e no IES Gamallo Fierros (teórica).

Belén Lorenzo Pérez participará na fase nacional, xunto cos gañadores e gañadoras das restantes sedes de Galicia, que terá lugar o día 26 de marzo en Almería (convocada polo Colexio de Geólogos, a Sociedade Xeolóxica Española e a AEPECT (Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra). De aí sairá a selección que competirá na fase internacional a finais do verán.

Nesta edición participaron 200 estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia, 32 dos cales fixérono na sede de Ribadeo, algo que a AEPECT considera un éxito nunha situación de Pandemia e despois de que a edición do ano pasado tivera que ser telemática.

A olimpíada de Xeoloxía é unha actividade educativa que pretende:

  • Fomentar o interese polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das ciencias da Terra.
  • Animar aos estudantes participantes a comenzar estudos universitarios relacinados coa Xeoloxía.
  • Destacar a importancia da preservación do medio natural.

 

Belén Lorenzo Perez recollendo o 1º premio              Nieves Cobelo Requeijo recollendo o 2º premio

Día internacional do Asperger e TEA

Hoxe celébrase o día internacional do Asperger e TEA (trastorno espectro autista) e no Sarmiento quixemos darlle visibilidade encaixando as letras en forma de pezas de puzzle da frase: "As nosas diferenzas compleméntannos".


Charla: “Busco traballo por onde empezo”

Estes días o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos participaron nunha charla sobre busca de emprego impartida por Promove Consultoría, na que aprenderon como actuar no período de prácticas nas empresas, como enfrontarse a unha entrevista de traballo e tamén por onde empezar a buscar traballo ao finalizar os seus estudos.

2º CM Instalacións Eléctricas e Automáticas, 2º CS Sistemas Electrónicos e Automáticos e 2º CM Soldadura e Caldeiraría.

  

 

2º CM de Electromecánica de vehículos automóviles e 2º CM de Automoción

 

 

2º CM Xestión Administrativa e 2º CS Administración e Finanzas

 

Charla da empresa Newton formación sobre os cursos GWO de traballo en alturas

O pasado venres 21 de xaneiro a empresa Newton formación con sede en Vilalba veu a impartir unha charla sobre os cursos GWO de traballo en alturas no sector eólico para o alumnado de 2º curso de ciclos formativos.

Charla con Nee Barros

Hoxe Nee Barros presentou o seu libro "Identidade" ao alumnado de 4º de Eso e ao Club de Lectura LGTBIQ+.

Identidade é unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír.  Mais, que pasa se nacemos nun molde equivocado?

 

 

Videofaladoiro con César Mallorquí

Onte o alumnado de 2º ESO D tivo un videofaladoiro con César Mallorquí, o autor de "Las Lágrimas de Shiva" presentoulles o seu último libro "El círculo escarlata".

Proxectos ERASMUS

O coordinador Erasmus Celso Pérez, participou fai uns días nun curso en Grecia sobre redacción de Proxectos Erasmus e búsqueda de socios para que os nosos alumnos podan desplazarse ao país grego.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O 25N no Sarmiento

Nas seguintes imaxes pódese ver un breve resumo das actividades realizadas no centro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Entrega de medallas Galicia Skills 2021

O pasado venres 12 de novembro tivo lugar a entrega de medallas do 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galicia Skills 2021, no Edificio Fontán  da Cidade da Cultura de Galicia.
Tres alumnos do noso centro recibiron a medalla de ouro da man do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que os acredita como representantes galegos no próximo Campionato Spain Skills 2022.

Distribuir contido


by Dr. Radut