Skip to Content

Charla: “Busco traballo por onde empezo”

Estes días o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos participaron nunha charla sobre busca de emprego impartida por Promove Consultoría, na que aprenderon como actuar no período de prácticas nas empresas, como enfrontarse a unha entrevista de traballo e tamén por onde empezar a buscar traballo ao finalizar os seus estudos.

2º CM Instalacións Eléctricas e Automáticas, 2º CS Sistemas Electrónicos e Automáticos e 2º CM Soldadura e Caldeiraría.

  

 

2º CM de Electromecánica de vehículos automóviles e 2º CM de Automoción

 

 

2º CM Xestión Administrativa e 2º CS Administración e Finanzas

 

Charla da empresa Newton formación sobre os cursos GWO de traballo en alturas

O pasado venres 21 de xaneiro a empresa Newton formación con sede en Vilalba veu a impartir unha charla sobre os cursos GWO de traballo en alturas no sector eólico para o alumnado de 2º curso de ciclos formativos.

Charla con Nee Barros

Hoxe Nee Barros presentou o seu libro "Identidade" ao alumnado de 4º de Eso e ao Club de Lectura LGTBIQ+.

Identidade é unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír.  Mais, que pasa se nacemos nun molde equivocado?

 

 

Videofaladoiro con César Mallorquí

Onte o alumnado de 2º ESO D tivo un videofaladoiro con César Mallorquí, o autor de "Las Lágrimas de Shiva" presentoulles o seu último libro "El círculo escarlata".

Proxectos ERASMUS

O coordinador Erasmus Celso Pérez, participou fai uns días nun curso en Grecia sobre redacción de Proxectos Erasmus e búsqueda de socios para que os nosos alumnos podan desplazarse ao país grego.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O 25N no Sarmiento

Nas seguintes imaxes pódese ver un breve resumo das actividades realizadas no centro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Entrega de medallas Galicia Skills 2021

O pasado venres 12 de novembro tivo lugar a entrega de medallas do 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galicia Skills 2021, no Edificio Fontán  da Cidade da Cultura de Galicia.
Tres alumnos do noso centro recibiron a medalla de ouro da man do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que os acredita como representantes galegos no próximo Campionato Spain Skills 2022.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

INFORMACIÓN SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS  MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021-22

APERTURA DO PLAZO PARA A ADMISIÓN DE CANDIDATURAS

AO CONSELLO ESCOLAR (DO 4 AO 12 DE NOVEMBRO)

Cada dous anos renóvase parcialmente o CONSELLO ESCOLAR,  órgano a través do cal PARTICIPAN NA XESTIÓN DO CENTRO os distintos membros da comunidade educativa.

Tocaba renovación en novembro de 2020, pero por mor da pandemia quedou adiada ata o presente curso 2021, onde serán renovados 4 profesores/as, 2 pais/nais/titores legais, 2 alumnos/as e 1 persoal de Administración e Servizos.

O día 4 de novembro, ás 11:00h quedou constituída a Xunta Electoral que regulará o proceso das eleccións ao Consello Escolar 2021/22 para os sectores de :

  • Nais/Pais/Titores legais do alumnado
  • Alumnado
  • Profesorado
  • Persoal Administración e Servizos

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta Xunta Electoral procede á adopción dos seguintes acordos:

1) Aprobar e publicar os censos de electores no taboleiro de anuncios do centro.

2) Solicitar representante ao Concello.

3) Establecer o calendario das eleccións ao CONSELLO ESCOLAR.

A presentación de candidaturas poderase facer efectiva entre os días 4 e 12 de novembro de 2021, en horario de 9:00 a 14:00 horas, agás o derradeiro día que rematará ás 12:30 horas, na Oficina de Administración deste centro. Os impresos de candidatura estarán á súa disposición nesta oficina.

A proclamación provisional de candidaturas farase efectiva o mesmo 12 de novembro, ás 14:00 horas. Poderanse presentar reclamacións os días 15 e 16 de novembro, de 9:00 ás 14:00 horas.

 A Xunta Electoral procederá o día 17 de novembro a :

  • Proclamación e publicación de candidaturas por sectores de representación,
  • Aprobación definitiva de censos electorais,
  • Aprobación de modelo de papeletas para os distintos actos electorais e
  • Sorteo público para designar os membros das mesas electorais.

A constitución da mesa electoral e as eleccións ao Consello Escolar, mediante votación directa, secreta e non delegable, terán lugar os días e horas que se indican a continuación:

- Alumnado, o día 25 de novembro, de 10:00 ás 13:30 horas.

- Nais/pais/titores legais de alumnado, o día 25 de novembro, de 19:00 ás 21:00 horas.

 

Lémbrase que para poder votar deberase acreditar a súa identidade mediante presentación de DNI ou calquera outro documento acreditativo.

 

A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

 

Prohibición uso teléfonos móbiles

Recórdase a toda a comunidade educativa que está prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica.

(Art. 19 Normas de convivencia DOG 27 de Xaneiro de 2015)

Visita dos alumn@s de Administrativo á Casa Grande de Xanceda

O pasado mércores 27, os alumn@s de 2º CMXA e 2º CSAF visitaron a Casa Grande de Xanceda en Mesía. Aprenderon como emprender de forma ecolóxica no rural.

            

 

 

Galicia Skills 2021

Tres alumnos do noso centro veñen de conseguir, cada un na súa especialidade, unha medalla de ouro no campionato galego de FP Galicia Skills 2021:

 

   

 Sergio Martínez Pajón, medalla de ouro en Tecnoloxía do automóbil

 

 

 

Adrián López Bahamonde, medalla de ouro en Control Industrial 

 

 

 

Mateo Rubal Fanego, medalla de ouro en Soldadura

 

 

 

O seguinte reto será en Madrid, no campionato nacional Spain Skills que se celebrará en marzo de 2022, e no que cada un representará a Galicia na súa especialidade.


¡Parabéns aos alumnos e titores!

Visita de Adrián Ben

Adrián Ben visitou o noso centro o pasado xoves 23 de setembro. Fixo unha visita ao alumnado de Actividade física e deporte (2º BAC) e a diversos grupos da ESO e Bacharelato.

Axudas para material escolar

Publicouse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación escolar para o curso escolar 2021/22.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Máis información no documento e na páxina web https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002.

 

Préstamo e/ou doazón de bicicletas

Carta Erasmus Charter for Higher Education 2021-2027.

Novo protocolo covid-19

Anexo II - Modelo de autodeclaración e especificacións

Para descargar o anexo II - Modelo de autodeclaración e especificacións para o comedor premer neste ENLACE.

Os nosos Ciclos Formativos.

Os nosos compañeiros e compañeiras de Formación Profesional elaboraron unha serie de vídeos para presentar os ciclos que se poden cursar no noso centro, así como as súas instalacións correspondentes:

-Familia de Administración e Xestión

-Familia de Electricidade e Electrónica.

-Familia de Fabricación Mecánica.

-Familia de Transporte e Mantemento de Vehículos.

Folla de cálculo para a cualificación de competencias clave en 4º ESO

Na CCP do 1 de xuño de 2020 aprobouse modificación da folla de cálculo para a obtención da cualificación das competencias clave. Pode descargarse AQUÍ en formato ods (folla de cálculo de LibreOffice).

ABAU 2024

Premendo na ligazón pódese consultar o horario das probas ABAU 

Distribuir contido


by Dr. Radut