Skip to Content

Erasmus+

Proxecto etwinning "eSafety Comic Book"

Os alumnos de 3ºC estiveron participando no Proxecto etwinning "eSafety Comic Book" xunto con outros rapaces de 10 centros de 9 paises diferentes (Francia, Italia, Portugal, Chequia, Eslovaquia, Turquía, Jordania, Polonia, España), como resultado fixeron un Comic
 
Tamén un libro de posters con consellos para un navegación por Internet con seguridade:
 
I este é o link a todos os traballos feitos:
 
Estas son imaxes de distintos momentos ó longo do proxecto.
 
 

ERASMUS "Protect Earth. Save Life"

Dende o martes 16 de maio e ata o venres 19 desenvolveuse no noso centro a última mobilidade do proxecto ERASMUS "Protect Earth. Save Life".
 
Durante eses catro días 8 profesores provenientes de Chequia, Eslovaquia, Italia e Portugal, xunto có profesorado coordinador do Proxecto no noso centro, estiveron a perfilar as últimas actividades e a subir os últimos traballos á páxina web e plataformas europeas, como etwinning, utilizadas.
 
Ademais tiveron a oortunidade de conocer a Mariña de Lugo e incluso de acercarse a festa das Letras Galegas en Lourenzá, donde puideron saludar ó Concelleiro de Educación D. Román Rodríguez e o presidente da Xunta de Galicia D. Alfonso Rueda.
 
             
 

Proxecto ERASMUS+ "Protect Earth , Save lifes"

A semana do 20 de Octubre, gracias ó Proxecto ERASMUS+ "Protect Earth , Save lifes" estiveron por o noso instituto 16 alumnos de Chequia, Eslovaquia, Italia, e Portugal, xunto con 8 profesores. Durante estes 5 días estivemos facendo distintas actividades e visitas en relación có tema que se trataba no noso país, que era O Auga. Así visitaron a planta de tratamento de augas de Celeiro, o Museo do Mar de san Cibrao, a Lonxa de Burela, ademais de levar a cabo visitas culturais a Lugo, e Mondoñedo entre outras. É de salientar qu e unha vez de regreso nos seus países enviaron felicitacións e palabras de agradecemento polo excelente trato dispensado polas familias de acollida de Viveiro

             

ERASMUS REPÚBLICA CHECA

En maio catro alumnas de 4º Eso viaxaron a República Checa acompañadas de dous dos seus profesores. No seguinte vídeo podedes ver un resumo da súa experiencia.

Becas ERASMUS+ KA102 Next Station

Seis alumnos de Formación Profesional están realizando as súas prácticas en entros de traballo por Europa gracias a beca ERASMUS+ KA102 Next Station.

  • Tres alumnas de Ciclo Medio de Xestión Administrativa en Lisboa (Portugal)
  • Dous alumnos de Ciclo Medio de Soldadura en Cork (Irlanda)
  • Un alumno do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas en Helsinki (Finlandia).

Ademáis gracias as becas Erasmus+ KA102, un profesor foi Cork (Irlanda) axudar no asentamento e búsqueda de empresas na zona e dous profesores van a levar a cabo unha Job Shadowing en Finlandia.

Proxectos ERASMUS

O coordinador Erasmus Celso Pérez, participou fai uns días nun curso en Grecia sobre redacción de Proxectos Erasmus e búsqueda de socios para que os nosos alumnos podan desplazarse ao país grego.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Carta Erasmus Charter for Higher Education 2021-2027.

Día 1

Dous profesores do departamento de administrativo realizamos unha Job Shadowing en Finlandia do 2 ao 6 de Maio.

No noso primeiro día en KSAO KOUVOLAN, fomos recibidos pola nosa titora Marja. Unha vez feitas as presentacións,  tivemos a oportunidade de asistir a unha clase na que unha parte do alumnado se atopaba nas súas casas e a outra parte nas aulas. 

O traballo que levaban a cabo era a presentación dun pequeno proxecto sobre distintas empresas finlandesas que deberían expoñer ao resto da clase empregando a ferramenta Microsoft Teams. Deste xeito, os alumnos, a parte de aprender os contidos propios da materia, familiarízanse co emprego das novas tecnoloxías tanto no ámbito educativo como laboral.

Os alumnos empregan, practicamente, o mesmo tipo de aplicacións que no noso centro educativo, si ben puidemos comprobar que a principal diferencia é a ausencia total de papel nas aulas (libro dixital) e que os profesores contan con ferramentas (aula virtual) moi desenroladas para poder levar a cabo a súa labor docente.

As características das aulas son case idénticas ás nosas, agás pola distribución do alumnado nas mesmas, e os alumnos gozan de amplía autonomía á hora de realizar as tarefas asignadas.

Habería moitas cousas que destacar, pero unha das máis importantes sería o nivel de equipamento do centro educativo e a organización do mesmo.

Día 2

A segunda xornada comezou asistindo a unha clase de  Atención ao Cliente de formación profesional básica en finlandés. Os alumnos, presentan unhas características moi similares aos que estudan ese nivel educativo no noso centro. Principalmente a desmotivación, emprego de teléfonos móbiles, etc. A principal diferencia radica na individualización dos estudios, polo que os alumnos teñen máis capacidade de elixir aquelas asignaturas que prefiren para acadar a titulación final.

A ensinanza é obrigatoria ata os 18 anos e a implicación dos pais na educación dos seus fillos moito maior, tendo en conta que a profesión docente é unha das máis valoradas e respectadas en Finlandia, polo que as indicacións dos profesores téñense moi en conta á hora de tomar decisións.

Tamén puidemos acompañalos a unha empresa local, concretamente a un restaurante, a firmar contratos de prácticas dun dos alumnos. O profesor, alumno e encargado do negocio, acordan as condicións nas que se levará a cabo ese período de prácticas e firma os convenios a tal efecto no momento electronicamente unha vez acordadas as condicións.

Esta labor é moi similar á que se realiza nos nosos centros de formación profesional e moitos dos alumnos teñen a oportunidade de continuar traballando na empresa asignada unha vez rematado o período de prácticas.

Día 3

Recibiunos a coordinadora Erasmus, explicounos como funciona o seu sistema educativo.

Intercambiamos impresións sobre a mobilidade de alumnos e profesores para poder realizar algún intercambio no vindeiro curso.

Ofrecéronse a buscar empresas por Koulova para o noso alumnado de ciclos formativos que quixera ir facer o período de FCT a Finlandia e nosoutros tamén buscamos a nosa dispoñibilidade para buscar empresas pola Mariña para o alumnos finlandeses que queiran facer prácticas en Galicia.

Ademais, a nosa titora e a coordinadora Erasmus están interesadas en visitarnos o vindeiro curso e coñecer de primeira man o sistema educativo español. 

Día 4

Asistimos a unha clase de contabilidade en finlandés. Toda a contabilidade a realizan por ordenador, non usan papel.

Posteriormente, unha profesora de turismo, que falaba español levounos de visita pola empresas que tiñan alumnos en prácticas.

Visitamos un antigo complexo industrial reconvertido en galería de arte, espazo de creatividade e deseño.

E tamén un libraría/cafetería que contaba con espazo para actuacións en directo e almacenaxe de libros.

 

Día 5

Coa nosa titora Marja acudimos a unha clase de atención al cliente en inglés. Os alumnos e alumnas interactúan en lingua inglesa, facendo actividades e preguntas. Por suposto, tamén empregan o finés para o desenvolvemento da clase. Deste xeito, impartindo módulos bilingües os alumnos e alumnas nunha porcentaxe moi alta son capaces de comunicarse en inglés ao final do curso.

En resumen, foi unha experiencia marabillosa, conocer a cultura e educación de Finlandia, ver a súa forma de traballar e coller ideas para poder implantar no noso centro. Sen dúbida, unha experiencia que todo profesor debería vivir.

 

Pinchando na seguinte imaxe, accederase á toda a información relativa ás bolsas Erasmus+.

Distribuir contido


by Dr. Radut