Dende o martes 16 de maio e ata o venres 19 desenvolveuse no noso centro a última mobilidade do proxecto ERASMUS "Protect Earth. Save Life".
Durante eses catro días 8 profesores provenientes de Chequia, Eslovaquia, Italia e Portugal, xunto có profesorado coordinador do Proxecto no noso centro, estiveron a perfilar as últimas actividades e a subir os últimos traballos á páxina web e plataformas europeas, como etwinning, utilizadas.
Ademais tiveron a oortunidade de conocer a Mariña de Lugo e incluso de acercarse a festa das Letras Galegas en Lourenzá, donde puideron saludar ó Concelleiro de Educación D. Román Rodríguez e o presidente da Xunta de Galicia D. Alfonso Rueda.