Skip to Content

Bingo de cancións

Pasámolo en grande co noso Bingo de Cancións! Os rapaces demostraron ser uns auténticos expertos musicais, tan espelidiños que rematamos con catro gañadoras! 

Noraboa a Xulia, Lara, Icia e Lucía polo seu oído atento e rapidez. Grazas a todos por participar e facer desta actividade un éxito.

 

Súper Mércores

No Súper Mércores tivemos o pracer de escoitar á nosa compañeira Nereida Pereira interpretando A Virxe do Portovello de Rozalén e Tanxugueiras, cunha forza e sentimento que emocionou a todos os presentes. Ao remate da súa actuación, recibiu o seu merecido diploma de mans de María Pedre, un recoñecemento ao seu talento e dedicación. Parabéns, Nereida!

.Súper Mércores

Polos Creativos

En Polos Creativos, o talento e a imaxinación dos rapaces están brillando como nunca! Cada día sorprendémonos coa súa capacidade para transformar ideas en proxectos únicos. Esta é a maxia de crear en comunidade.

 

.

Pero como morren as pegas?


.

Os venres dalle ao coco

Hoxe, tivemos unha divertida e desafiante actividade de debuxo en equipo. Os alumnos tiñan que describir unha imaxe a outro compañeiro, que tiña que debuxar o máis parecido posible!. Unha forma estupenda de practicar a comunicación e a creatividade.

Grazas a Valentina e Lara pola organización, e parabéns ás gañadoras, Emma e Carla, polo seu gran traballo! 

.

Escola de pais


.

TIVEMOS SUPER MÉRCORES NA RADIO PROXECTO AMIGO!

Foi un día especial na nosa radio! Tivemos o pracer de entregar un diploma a Cristian Torrente de 1ºC, en recoñecemento ao seu esforzo e dedicación. Moitas grazas a Xiana Pernas de 1ºC por facer a entrega e a todos os que estiveron alí aplaudindo e compartindo este momento con nós. Tamén queremos agradecer a Víctor por deixarnos a terraza da cafetería para este evento tan especial!

Grazas a todos por facer que a nosa radio sexa un lugar de amizade e celebración!


.

Excursión Ciclo Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

O alumnado de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas realizou unha visita ao Parlamento de Galicia. Durante a xornada, tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión do pleno e foron recibidos polos deputados, o que lles permitiu coñecer de preto o funcionamento desta institución.

.

Súper Mércores

Mañá primeiro Súper Mércores coa intervención de Cristian e  Nereida.

.

Polos creativos

Hoxe en Polos Creativos demos os primeiros pasos na iniciación á electrónica. Explorando conceptos básicos e descubrindo como funcionan os circuítos. Unha xornada divertida para activar a creatividade e aprender xuntos

.

Samaín

O alumnado do IES María Sarmiento demostrou gran creatividade e espírito de equipo ao participar disfrazandose no Samaín. Grazas á súa colaboración e entusiasmo, contribuíron a facer desta celebración un evento moi especial e cheo de diversión para todos. Parabéns e grazas por poñerlle tanta imaxinación e ilusión!


.

Radio proxecto amigo celebra o Samaín

A festa organizada polos integrantes de Radio Proxecto Amigo para celebrar o Samaín foi un evento cheo de alegría e compañeirismo, pensado para animar a todos os membros do proxecto e invitar a novos compañeiros a unirse. A celebración incluíu disfraces creativos e música en vivo, creando unha atmosfera acolledora e divertida para todos. Foi unha oportunidade perfecta para fortalecer os lazos entre os participantes.

.

Concurso de portas terroríficas


.

 


.

Obradoiro de pintura

A participación do alumnado de 1º da ESO no obradoiro de maquillaxe coa drag queen Marisa Prisa foi unha experiencia moi enriquecedora. Esta actividade permitiunos explorar a creatividade e a expresión artística a través da maquillaxe. O alumnado divertiuse e aprendeu dun xeito alegre, aberto e participativo, e sen dúbida foi unha excelente oportunidade para ampliar os seus horizontes culturais.

.

Lembra


.

Radio Proxecto Amigo


.

Samaín


.

Radio Proxecto Amigo

Polos Creativos

.

Os venres dalle o coco

O venres pasado en dalle ao coco tibemos una yincana súper divertida , organizada por Blanca e Aldara

.

Distribuir contido


by Dr. Radut