Skip to Content

BECAS NEAE

Publicada a convocatoria das becas  MEC para o alumnado de necesides específicas de apoio educativo

prazo para facer a solicitude é dende o día 8 de maio e ata o 20 de setembro.

 

XI Campus de Verán XuvenCiencia

O campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. 

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.

O custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o 5 de maio ata o 14 de maio.

 Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertamos durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Programa

Charla sobre seguridade nos rallyes e vehículos de competición

A charla será de 11:30 a 14:00 no salón de actos. Para os alumnos de FP Básica automoción, CM Electromecánica de vehículos e CS Automoción 
 
Simultáneamente e dende as 11:00 ata as 14:00 estarán expostos uns vehículos de rallye no patio. Colocaranse na pista que está entre o edificio D e o edificio E.
 

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023

O 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 22-23

O 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO RENDEMENTO 2022-2023

Viaxe a Lugo dos alumnos de FPB de Mantemento de Vehículos e CM de Electromecánica

Nesta saida formativa visitaron en Lugo as instalacións de Inturasa (IVECO, vehículos industriais) e Balpersa  (Volvo, vehículos lixeiros) do Grupo Pérez Rumbao para coñecer a realidad empresarial do sector a través do programa EdutecEmprende da Xunta de Galicia.

Tamén foron o club privado Aerolugo onde puideron ver os hangares coas diferentes aeronaves e os lugares asignados ao seu mantemento.

            

Campamentos de veran 2023

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Información na paxina web: https://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Viaxe cultural a A Coruña de alumnado de 3º da ESO

Visitaron a exposición Steven Meisel 1993 A Year in Photographs que promove o éxito da Fundación MOP, presidida por Marta Ortega Pérez, que reune  as imáxes realizadas polo lexendario fotógrafo no seu ano mais prolífico e de maior creatividade. 

            

Probas libres de títulos LOE de FP 22-23

O próximo 17 de abril comeza o prazo de presentación de solicitudes ás Probas libres de títulos LOE de FP

Documento de axuda para a comprobación dos requisitos de acceso 

"Desafío 22/23" de Baloncesto

Celebrouse o Venres 31/03/2023 no Pabillón Municipal de deportes. O resultado final do encontro foi de 61 puntos para o IES Maria Sarmiento e 47 para o IES Vilar Ponte

Parabéns para os vencedores

      

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

ENLACE A WEB DA XUNTA

Cesta de Entroido pro-excursión final de curso 4º ESO

Como ninguén se identificou como propietario da papeleta agraciada no sorteo de 4 Marzo 2023, e logo dos 15 dias para recoller a mesma, sortearase por derradeira vez no sorteo da Lotaría Nacional do Sabado 25 Marzo 2023, no que deberán coincidir as catro últimas cifras do Primeiro Pemio.

De non tocar ou non ser recollida dentro dos 15 dias naturais, a contar dende o seguinte o sorteo, xa non se sorteará de novo, usando a mesma para outros fins

VIDEO 21 DIAS CO GALEGO

Axudas da Xunta para alumnado para actividades de formación en linguas estranxeiras

ENLACE

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes, contado a partires do día seguinte o da publicación no Diario Oficial de Galicia que foi o 13 de Febreiro.

Christopher Reyes Miranda entrevista á nosa directora Helena Pérez Inés

O alumno de 3º ESO C e membro da radio Proxecto Amigo, Christopher Reyes Miranda,  entrevista á nosa directora Helena Pérez Inés . Falan do noso centro e das experiencias pasadas , presentes e futuras da nosa dirección . Gracias Chris por compartir o teu traballo.

preview

           

 

O alumnado de Administrativo visita a empresa Jim Sports en Palas de Rei

O alumnado da familia profesional de Administración e Xestión visitou o xoves día 2 de Febreiro as instalacións do Grupo Jim Sports en Palas de Rei. Unha ampla visita ao almacén, oficinas, ximnasio e zona de serigrafía desta gran empresa dedicada aos produtos deportivos, coñecendo de primeira man os primeiros pasos, actualidade, e plans de futuro, desta gran iniciativa emprendedora.

O artífice deste grupo empresarial é Jesús Manuel Graña, que creou a empresa fai 25 anos mentres preparaba a oposición a profesor de educación física co fin de levar o deporte a todos os lugares posibles.

A compra dun contedor de balóns de baloncesto foi o inicio dun gran soño feito realidade que converteu a Jim Sports nun centro loxístico deportivo de referencia a nivel europeo, que aposta, a contracorrente, por asentarse nun concello rural do interior de Galicia, para asentar un proxecto empresarial que da empregro a case 200 persoas e factura aproximadamente 10 millóns de €.

A innovación e o uso de novas tecnoloxías son piares fundamentais desta empresa que traballa para grandes multinacionais do sector como Nike, Decathlon, etc., pero que fai negocio principalmente coas pequenas tendas de deportes que podemos atopar nas nosas vilas e cidades e asociacións deportivas de toda a rexión.

 

21 DIAS CO GALEGO CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS 2023

O código para cubrir a enquisa por parte das familias dos 21 Días co Galego é: LUV

ENQUISA

Video Automocion 21 dias co galego

Distribuir contido


by Dr. Radut