Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Mediación: a importancia das palabras

Reflexionamos co alumnado sobre a importancia das palabras no trato cos demais. A miúdo nos tratamos de xeito inadecuado ou empregando palabras ferintes, que danan a nosa autoestima. Concluimos que é moi importante tratarnos ben, así como dicir aos demais as cualidades que teñen ou aquelo positivo que pensamos sobre eles/as. 

Reflictimos primeiro na pizarra os insultos que escoitamos a miúdo, e a continuación, despois de reflexionar sobre iso e como nos fai sentir, escribimos mensaxes positivas para aquel compañeiro/a que admiramos. 

Esperamos que a sesión sexa útil para pensalo dúas veces antes de empregar insultos ou palabras groseiras. Aprender a comunicarnos de forma correcta e cunha linguaxe adecuada, sen dúbida mellora as nosas relacións persoais!. 

Lemas contra o acoso escolar

Durante algunhas sesións estivemos a traballar sobre o acoso escolar, xa que o 2 de maio se conmemorou o Día contra o bullying.  O alumnado de 1º da ESO elaborou nas titorías uns lemas contra o acoso.

 

 

 

 

Campus de verán Xuvenciencia

Se queres aprender de forma divertida, pasalo ben e coñecer novas amizades, tes unha gran oportunidade! Podes inscribirte nos campamentos de  verán Xuvenciencia!

 

  • Quen pode participar? Alumnado de 4º ESO, Bacharelato e ciclos medios
  • Que hai que facer para participar? Primeiro tes que inscribirte nos campamentos, permanece atento/a aos listados e se resultas seleccionado/a terás que matricularte
  • Prazo de inscrición: do 20 ao 26 de maio de 2022
  • Cando e onde terá lugar o campamento? Do 3 ao 9 de xullo de 2022, no campus universitario de Lugo da USC.

O programa científico desenvolverase pola mañá. Pola tarde haberá actividades lúdicas e posibilidade de aloxamento polas noites. Infórmate das actividades e prezos na web:  https://xuvenciencia.org/campus/

Probas de acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 2022/23

A Consellería publicou as distintas resolucións nas que se regulan as condicións de acceso e admisión a diferentes ensinanzas artísticas superiores.

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 23 de maio de 2022.

Preme nas ensinanzas do teu interese para consultar as características das probas e lugares de realización, entre outras cuestións.

Para aclaracións ou dúbidas podes consultar no departamento de orientación.

Probas de acceso a ensinanzas profesionais deportivas para o curso 2022/23

Publicada a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

Prazos de inscrición nas distintas probas:   

  • Proba substitutiva do título de ESOdo 22 de abril ao 29 de xuño de 2022. 
  • Proba específica de grao mediodo 22 de abril ao 29 de xuño de 2022.
  • Proba substitutiva do título de Bacharelato: do 23 de abril ao 23 de maio de 2022.

Consulta as datas de realización das probas, lugar, horarios e máis información na ligazón

Acceso e admisión a ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022-2023

Publicada a Resolución do 27 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23.

  • Prazo de inscrición para a realización da proba substitutiva dos requisitos de titulación de graduado en ESO ou do título de Bacharelato: do día 11 de maio ata o día 14 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Prazo de inscrición para a realización da proba específica e para persoas que solicitan acceso sen proba: do 11 de maio ata o día 21 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.

·    Para aclaracións ou dúbidas, podes consultar a resolución que se xunta ou acudir ao departamento de orientación. 

Mediación: prevención do acoso escolar

Servímonos nesta ocasión da dinámica de cohesión grupal "Mundo de cores" para reflexionar sobre a exclusión social, enlazando o tema co acoso escolar e a importancia da súa prevención.

Despois do xogo, conversamos sobre o acoso escolar, os distintos tipos de acoso (físico, psicolóxico, social....), as consecuencias e os papeis das distintas persoas que interveñen (persoa acosada, acosadora e espectadores activos e pasivos), incidindo na importancia de intervir e adoptar un compromiso firme co apoio á vítima e a denuncia destas situacións por parte dos espectadores/as. 

Sen dúbida, sementar a cultura da mediación no centro favorece a mellora da convivencia e polo tanto axuda a previr as situacións de acoso escolar. Seguiremos traballando nelo! 

 

Mediación: estilos de comunicación

Traballamos as habilidades sociais e estilos de comunicación (agresivo, pasivo e asertivo), mediante a dinámica grupal "xinetes e cabalos", que nos servíu para reflexionar sobre a importancia de ter empatía cos demais, do trato que lles brindamos e de expresarnos con asertividade, o que repercute positivamente nas relacións interpersoais.  

Deste xeito, mediante dinámicas e xogos, seguimos aprendendo conceptos básicos e moi útiles para a mediación escolar, pero tamén no noso día a día. 

 

 

 

Sesións sobre diversidade afectivo-sexual

Ao longo das dúas últimas semanas, o alumnado da ESO e FPB participou nunha serie de obradoiros sobre diversidade afectivo-sexual, impartidos pola asociación Nós Mesmas. 

Conscientes de que a diversidade é unha realidade nos distintos ámbitos e aspectos da vida, e da importancia do respecto, visibilización e normalización como garantes da convivencia, no centro seguimos apostando por dar a coñecer as distintas realidades para favorecer o seu coñecemento e aceptación. 

Nas sesións afondouse sobre as distintas identidades e orientacións sexuais, a diferencia entre sexo e xénero, os esterotipos de xénero, a prevención do acoso lgtbifóbico e o papel da mocidade como motor de cambio. Asemade, en 4º da ESO e Formación Profesional Básica, ademais do anterior, profundizouse no aspecto histórico que sustenta a realidade LGTBI tal como a coñecemos hoxe en día e que fixo posible que se lograran avances na igualdade de dereitos das persoas do colectivo, se ben aínda queda camiño por percorrer. 

Premios extraordinarios de Bacharelato.Curso 2021-2022

A Consellería ven de publicar esta semana a Orde do 31 de marzo de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios do Bacharelato, correspondentes ao curso 2021/2022. A finalidade dos mesmos é recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou a etapa cun excelente resultado académico en Galicia. 

Distribuir contido