Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Curso 21-22

Datas ABAU 2023

A CIUGA ven de publicar as datas de realización dos exames da ABAU para o 2023.

  • Convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño
  • Convocatoria extraordinaria: 11, 12 e 13 de xullo

Nesta ligazón pódense consultar as notas de corte das titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG)

Programacións didácticas curso 2022-2023

Xúntanse as programacións didácticas do departamento para a súa consulta. 

Navegar en positivo II

Nos últimos días volveu visitarnos Marc, para dar continuidade ao obradoiro "Navegar en positivo", desta volta enfocando o mesmo dende a perspectiva de xénero. 

Tratamos sobre os riscos das redes como sexting ou grooming, así como as manifestacións da violencia de xénero a través dos medios dixitais, que en moitas ocasións incluso tende a normalizarse. Mediante o intercambio de ideas e opinións e poñendo ao alumnado en situacións propias da súa vida, estimúlase a reflexión, co obxectivo de facelos conscientes e previr a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

Asamblea de convivencia

Comezamos a realizar nas titorías as asambleas de convivencia.

Falamos os problemas e conflitos do grupo e buscamos solucións beneficiosas para todos, ao tempo que valoramos o noso comportamento nas clases, actitudes na aula e no centro, o coidado dos materiais e instalacións, o respecto aos demais....

Reflexionamos sobre o comportamento grupal e a responsabilidade individual de cada un de nós na marcha da boa convivencia, adquirimos compromisos e establecemos as nosas propostas de mellora, que plasmamos nos paneis do taboleiro da aula para ter estas cuestións moi presentes. 

 

 

 

 

Encantado de coñecerme!

O alumnado de Formación Profesional Básica participa un ano máis no obradoiro de motivación "Encantado de coñecerme!". 

Durante varias xornadas, o alumnado do 1º curso de Servizos administrativos, aprendemos a coñecernos, valorarnos e a traballar de xeito colaborativo mediante vídeos, xogos e dinámicas moi entretidas.

Xa estamos no ecuador do obradoiro....Continuaremos en decembro!

 

 

 

 

 

As caras do maltrato

Ao longo desta semana visitáronnos novamente dende Talentea para impartir, nesta ocasión, o obradoiro "As caras do maltrato", sobre prevención da violencia de xénero co alumnado máis novo, de 1º e 2º da ESO.

Aprendemos sobre xénero, roles, estereotipos e a súa presenza na linguaxe. De forma inconsciente asumimos determinados comportamentos como propios dun ou doutro xénero, como consecuencia do proceso de socialización diferencial, o que contribúe a reproducir a desigualdade entre os xéneros. Ser conscientes destas cuestións favorece unha vivencia libre de estereotipos, baseada no respecto e igualdade, o que contribúe á prevención da violencia de xénero.

Agradecemos a Lucía as aprendizaxes que nos transmitíu!

 

 

 

Navegar en positivo I

Nesta semana visitáronnos de Talentea para dar comezo ao obradoiro "Navegar en positivo", sobre o uso responsable das redes sociais.

Nas diferentes sesións, nas que participaron os grupos de 3º e 4º ESO, 1º e 2º FPB e 1º BAC, falouse sobre o uso que facemos de internet e as redes sociais, identidade dixital, privacidade e a importancia do autocoidado e o coidado dos demais no mundo virtual. Sen dúbida, as redes sociais son un punto de encontro e ofrecen un sinfín de posibilidades se tomamos conciencia e as empregamos adecuadamente. 

A próxima semana volverá visitarnos Marc, para continuar co obradoiro, desta volta centrándose na temática das redes dende unha perspectiva de xénero. 

Mediación escolar

No curso 2020-21 iniciamos a mediación escolar no noso centro, aumentando esforzos e sistematizando o proceso nos cursos seguintes. 

A mediación é unha estratexia de solución pacífica de conflitos, na que as partes enfrontadas chegan a un acordo contando coa axuda dunha terceira persoa imparcial. Trátase dun proceso voluntario, confidencial e formal, sobre o que podedes ter máis información no protocolo e tríptico adxunto. 

Na actualidade contamos cun equipo de mediación formado por profesorado e alumnado voluntario, que nos reunimos e realizamos diversas actividades para dar a coñecer a mediación e poñela en práctica. Animádevos a formar parte do equipo!

Podedes coñecer máis sobre as actividades de mediación no bloque de orientación e no blog da biblio

Programacións didácticas curso 2022-2023

Deixamos as programacións para consulta

Distribuir contido