Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Actualización programacións didácticas da ESO - Curso 2022-23

 Atendendo aos cambios no calendario escolar establecidos na Orde do 27 de decembro do 2022 (DOG 5/01/23), na que se indica que deben coincidir a terceira avaliación parcial coa final da ESO, apórtanse as programacións modificadas no ensino obrigatorio, indicando os mecanismos de recuperación establecidos das partes non superadas ao longo do curso.

Actualización programacións didácticas da ESO - Curso 2022-23

Atendendo aos cambios no calendario escolar establecidos na Orde do 27 de decembro do 2022 (DOG 5/01/23), na que se indica que deben coincidir a terceira avaliación parcial coa final da ESO, apórtanse as programacións modificadas no ensino obrigatorio, indicando os mecanismos de recuperación establecidos das partes non superadas ao longo do curso.

Actualización programacións didácticas da ESO - Curso 2022-23

Atendendo aos cambios no calendario escolar establecidos na Orde do 27 de decembro do 2022 (DOG 5/01/23), na que se indica que deben coincidir a terceira avaliación parcial coa final da ESO, apórtanse as programacións modificadas no ensino obrigatorio, indicando os mecanismos de recuperación establecidos das partes non superadas ao longo do curso.

Becas para estudos no curso 2023-2024

A partir do próximo 27 de marzo e ata o 17 de maio de 2023, poderás solicitar a beca para estudos de Bacharelato, Formación Profesional e Universidade, entre outros. 

Consulta a información de becas para FP e Bacharelato aquí.

Para becas de estudos de grado e master, infórmate nesta ligazón.  

Charla da universidade - A ponte entre o ensino medio e a USC

Un ano máis participamos no programa A ponte entre o ensino medio e a USC.

Nesta ocasión visitounos un profesor da facultade de Física que lles presentaou ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato a universidade de Santiago de Compostela.

O alumnado puido coñecer de primeira man como se organiza a universidade, graos que se imparten, programas de becas e mobilidade, posibilidades de aloxamento e residencias ou outras cuestións relativas á vida universitaria. 

 

 

 

 

ABAU 2023. Toda a información

Publicada a Resolución do 13 de febreiro de 2023, pola que se ditan instrucións para a realización no curso 2022/23, da avaliación do bacharelato para acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2023/24. 

Consulta a información relevante na presentación que se xunta e/ou na páxina web da CIUG.

 Actualizado 17/05/2023

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en Inglés

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 2400 axudas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de FP, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

REQUISITOS: 

  • Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2006
  • Ter obtido no curso 2022-23 a condición de becario do Mº de Educación e Formación Profesional nalgún dos estudos indicados no punto seguinte, conforme á Resolución do 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral, para o curso académico 2022-23, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. 
  • Estar matriculado no curso 2022-23 en: Bacharelato, Ensinanzas profesionais de música e danza, grao medio de FP, grao medio de artes plásticas e deseño, grao medio de ensinanzas deportivas ou ensinanzas de idiomas de nivel intermedio e avanzado. 
  • Ter aprobadas todas as asignaturas do curso 2021-22 a data da finalización do curso con unha nota final mínima de 9 na materia de inglés. 
  • Terán preferencia as persoas solicitantes que obtiveran unha puntuación superior na materia de inglés. A esa nota sumaránselle 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación. 

DOTACIÓN: 

A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumnado, que tamén debe abonar 100 euros á empresa. 

PRAZO DE SOLICITUDE: 

Dende o 01 de febreiro ata o 03 de abril de 2023

Probas para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos. Convocatoria 2023

A Consellería de Educación ven de publicar a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de FP, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización. 

Prazos de matrícula: 

  • Convocatoria de maio: do 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos incluídos
  • Convocatoria de setembro: do 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos incluídos

Máis información na ligazón

Admisión en centros públicos para o curso 2023-24

Iniciado o procedemento de admisión en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2023-24Prazos salientables do procedemento, referidos ao ano natural: 

  • Reserva de praza no centro de orixe: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
  • Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.
  • Sorteo público da letra a efectos de desempate: última semana de febreiro
  • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. 
  • Presentación da solicitude de admisión (para alumnado que cambie de centro para cursar a mesma ensinanza ou para estudos superiores en centros non adscritos)do 1 ao 20 de marzo. 
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.  
  • Reclamacións: prazo máximo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á súa publicación).
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio. 
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20 a 30 xuño. 
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño a 7 de xullo

Toda a información na ligazón

Prevención de drogas e alcohol

Rematamos coas charlas do Plan Director, impartidas pola Garda Civil no noso centro no segundo trimestre. Desta volta, pechamos coas charlas de prevención no consumo de drogas e alcohol impartidas ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Formación Profesional Básica. 

Na adolescencia prodúcense cambios importantes no alumnado, propios da etapa vital que atravesan: egocentrismo, invulneravilidade, o sentido crítico, a identificación cos iguais e a importancia da pertenza ao grupo...Nestas circunstancias, entre outras cousas, o alumnado precisa de información veraz e modelos de identificación positivos que incentiven a responsabilidade cara o o ocio saudable, evitando que asuman riscos ou condutas perxudiciais. En definitiva, trátase de promover unha correcta toma de decisións a través do coñecemento do risco do consumo de certas substancias nocivas para a saúde. 

 

Distribuir contido